menú
R en PONT-UP STORE

R, de novo, en Pont-Up Store

10/09/2019
Blog R

En R mantemos, un ano máis, a nosa aposta pola cultura emprendedora en Galicia, apoiando de novo o foro de emprendemento Pont Up Store, que se celebra do 19 ao 21 de setembro en Pontevedra, promovido pola Universidade de Vigo e o Concello de Pontevedra.

Taller de “stop motion”

E regresamos a esa cita con crea R, un proxecto educativo innovador que lles ensina aos nen@s a crear proxectos propios e a innovar sen medo ao fracaso, contribuíndo ao desenvolvemento de aptitudes e habilidades emprendedoras. Neste caso farémolo con talleres de “stop motion” nos que, xogando, aprenderán as bases dunha das técnicas de animación máis antigas da Historia do Cinema. En paralelo e simultaneamente impartiranse as charlas didácticas dirixidas á xeración que non naceu na era dixital; pais, avós, titores e educadores.

Lugar e hora

As actividades terán lugar o sábado 21 de setembro na Facultade de Belas Artes de Pontevedra (Rúa Maestranza, 2).

  • Taller para nen@s de 7 a 9 años e charla educativa: de 10:00 a 12:00 h.
  • Taller para nen@s de 10 a 12 años e charla educativa: de 12:00 a 14:00 h.

Aforo máximo por taller: 30 nen@s.

Como apuntarse

Se queres asistir apúntate aquí e mandarémosche a entrada que debes entregar ao comezo do taller e ao recoller ao/a peque.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

3 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Manuel di:

    No habrá gente importante en Galicia para la publicidad de R que tenga que venir un vasco el Arguiñano