menú
XGN R Encounter 2019

R dota de conectividade á XGN R Encounter

09/10/2019
Blog R

Do 11 ao 13 de outubro celébrase no Recinto Internacional de Silleda a party informática máis importante de Galicia, a XGN R Encounter.

R pon a fibra, ti só tes que vir e desfrutar de todas as actividades que preparamos. Ademais da zona Intranet, onde os participantes poden acampar e navegar a 20 gigas de velocidade!, o dobre que o ano pasado, preparamos obradoiros, relatorios e xogos nos que poden participar persoas de todas as idades de forma gratuíta.

Talleres crea R

Na zona Extranet temos diferentes actividades nas que ti e os teus fillos podedes participar.

O venres 11 de outubro, de 10:45 a 12:45h preparamos un taller crea R de robótica para nenos de 7 a 12 anos. Ao día seguinte, o sábado 12, de 10:00 a 13:45 h poñeremos en marcha un taller práctico de poliestireno extruído (chovofoam), na que os mozos aprenderán a tirarlle partido a un material tan barato e accesible como o foam, útil para facer tanto props de cosplay como calquera outra cousa que poidades imaxinar.

O obxectivo é que os nenos e non tan nenos desenvolvan e potencien a súa creatividade, esperten o seu espírito emprendedor e adestren habelencias como o traballo en equipo ou a comunicación. E todo isto, mentres se divirten .

Xornadas R empresas

A XGN R Encounter ofréceche os relatorios máis interesantes para todo tipo de públicos.

O venres 11 de outubro, de 10:30 a 17:45 h o público profesional está convidado á xornada R empresas: “Claves para que o teu negocio triunfe en internet” onde poderá coñecer o uso das ferramentas dixitais que poidan axudar á súa empresa, da mán de Marcos Gandoy, responsable de Go to market, márketing operativo do Grupo Euskaltel. Tamén terán a oportunidade de descubrir as claves para mellorar o teu negocio co márketing dixital, con Raúl Ordóñez, Consultor e formador TIC Sherpa Digital. E aprender da experiencia de emprendemento da empresa Intermax, a través do seu CEO Fundador, Javier Mouriño.

Pola tarde, Pablo Castro e Santiago Saavedra falarán de como protexer a nosa privacidade e a que riscos estamos expostos cada vez que os nosos dispositivos se conectan a internet. Finaliza a xornada Borja Pintos de Gradiant coa súa conferencia “Mamá mamá, quero ser hacker”.

Para o sábado 12 reservamos a mañá para falar de ciberseguridade. Dende as 11:00 h, escoitaremos a charla de Oreste Carracedo “Desenvolvemento de Software no s XXI: Converte a túa paixón na túa profesión”, a Armando Nogueira Río de Tarlogic sobre “Hacking en videoxogos” e Dany García pechará cunha conferencia sobre “IVAO (International Virtual Aviation Organization) Presente e Futuro”.

Rede de Encounters

A XGN R Encounter segue a crecer e aspira a converterse na segunda lan party máis importante de España. Unha meta na que será determinante a súa vinculación coa rede de Encounters do Grupo Euskaltel a través da Fundación Euskaltel. Nesa rede inclúese a Euskal Encounter, que se vén celebrando no País Vasco dende hai 27 anos, e tamén a Gipuzkoa Encounter, a Araba Encounter e, xunto á XGN en Galicia, a Technium R Encounter de Ourense.

Como asistir

A entrada é libre e gratuíta para participar nas actividades da zona Extranet.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.