menú
¿Quién es Alexa?

Quen é Alexa?

24/04/2020
Blog R

Escoitas a diario palabras como asistente virtual, altofalante intelixente, Alexa, Siri, skills, rutinas… pero poida que teñas un bo cacao mental á hora de saber que é cada cousa. Imos poñer un pouco de orde no universo dos asistentes de voz para que lles saques todo o partido. E para que poidas probar un deles estes días, que pasas tanto tempo na casa, regalámosche unha tablet Lenovo con Alexa integrada ao pasar á tv total de R.
tablet Lenovo con Alexa integrada

Asistente virtual

Máis dunha vez escoitaches a un amigo dicir “Alexa, que tempo fai hoxe?”. E décheste conta de que non falaba coa súa moza se non cun asistente virtual. Son axudantes de voz que che fan a vida máis fácil, responden as túas dúbidas, poñen música por ti, lémbranche se tes compromisos hoxe, dinche se hai tráfico ou apagan as luces da túa casa con só pedilo.

Alexa é o asistente virtual de Amazon, do mesmo xeito que Google ten o Google Assistant e Apple a Siri.

Altofalante intelixente

Para interactuar con eles só debes ter un dispositivo compatible. O máis trendy é falar con eles a través dun altofalante intelixente (eses con forma de cilindro): Amazon Echo de Amazon, Google Home de Google e HomePod de Apple.


Pero tamén dende a túa tablet, televisión, smartwatch ou calquera outro dispositivo que teña Alexa integrado. E si, o teu móbil está nesa lista. Aínda que o teu teléfono veña co seu propio asistente de voz instalado, Siri en iOS e Google Assistant en Android, ademais de Bixby en móbiles Samsung e Celia en Huawei, podes cambialo por Alexa. Só tes que instalar a app de Alexa no teu móbil dende o App Store e Google Play.

Skills e rutinas

Antes de pasar ao seguinte nivel, bota primeiro unhas risas facéndolle preguntas divertidas a Alexa. A resposta sobre se coñece a Siri non ten desperdicio. Que che gustaría preguntarlle?

Despois de xogar un intre, empeza a fedellar para sacarlle todo o partido a Alexa. Ademais de pedirlle info, podes engadirlle unha chea de funcionalidades instalando skills. Veñen sendo como aplicacións ou complementos de temas variados, sobre cociña, ioga, xogos… Por exemplo, podes activar skills para saber o teu horóscopo ou pedir unha hamburguesa sen mover un dedo.

Configura accións que queres que Alexa realice dende o menú rutinas. Por exemplo: “Alexa, empeza o meu día” dirache as noticias, contarache que tempo vai facer e se vas atopar atasco para ir traballar. Crenos que che fará moita compañía estes días.

Agora que xa coñeces un pouco máis de que vai isto dos asistentes virtuais, proba e cóntasnos. E se tes algunha dúbida, axudámoste no que necesites, aínda que non somos Alexa .

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

7 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar DAVID G. di:

    Buenos días! Yo estoy encantado con Alexa, tengo casi todas las luces de mi casa conectadas, al igual que altavoces y música Multi-room. Es una pasada controlarlo todo con la voz. La televisión, la calefacción, el aspirador, e incluso la cafetera. A parte mi hija interactúa con ella pidiéndole cuentos, música, etc….La verdad es que ha sido un descubrimiento increíble desde hace ya un añito! Totalmente recomendado.

  2. Avatar Javier Patiño di:

    Bos días, eu con R tamen estou encantado, pero xa teño TV total, dende fai anos. Non poderia haber un regalo para min tamen en forma de tablet

  3. Avatar Alba di:

    Buenos días, el miércoles pasado me ofrecieron ésta promoción pero la tablet todavía no me llegó

  4. Avatar Alba di:

    Hola, se puede vincular con el desco 4k, si no se puede se podrá algún día?