menú
Qué hay que ver en O Courel

Que hai que ver no Courel

09/12/2022
Blog R

Como é, O Courel ou ben O Caurel? Tanto Courel como Caurel son correctas. E é que se di que o seu nome podería vir da palabra aureum, que significa ouro. E precisamente estas montañas son ouro puro e non só pola cantidade de explotacións que alí se concentraron. Hai moito que ver e facer na serra do Courel, unha paraxe natural excepcional de 21.020 hectáreas que se estende por Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.

O máis recomendable é que dispoñas de polo menos tres días, para que che dea tempo a ver as súas aldeas e pallozas, os seus picos máis altos Formigueiros, Montouto e Pía Paxaro, percorras a pé os seus bosques de castiñeiros e admires a natureza en estado puro dos seus miradoiros.

Qué hay que ver en O Courel: castillo de Carbedo
Imagen de: Turismo de Galicia

Rutas do Courel

Aínda que vas necesitar o coche para desprazarte pola extensa serra do Courel, hai moitas rutas de sendeirismo que podes facer para descubrir a beleza natural destes bosques. Así que aparca o coche, que isto non é un safari 😉, calza as botas e infórmate ben da dificultade da ruta nas ligazóns que verás en cada ruta.

Ruta de la Devesa da Rogueira: o bosque máis impresionante pola súa riqueza natural e biodiversidade. Ruta circular de 9,5 km que comeza na Aula da Natureza de Moreda. Tamén podes alongala, ata 14 km, para ver As Fontes do Cervo e o miradoiro de Pico Polín. Puntos de interese: Pico Formigueiros, a panorámica dende o monte Cabeza do Couto e os “sequeiros” de castañas.

Ruta del Monte Cido: ruta circular duns 8 km e dificultade media que arrinca no centro de Moreda. O percorrido permitirache gozar das vistas sobre o val do Rego da Barxa e da Devesa da Rogueira. Un punto destacado son as ruínas do castelo de Carbedo.

Ruta do Río Pequeno: a ruta circular de 13,41 km parte de Seoane do Courel, atravesa o Val do Río Pequeno e poboacións como a Aldea do Mazo. Recomendámosche visitar a Ferrería Locay, fundada en 1.808, a beiras do río Lor.

Máis rutas de sendeirismo no Courel:

Se quedaches con ganas de seguir gozando de todo o que che ofrece esta zona, apunta estes percorridos:

Qué hay que ver en O Courel: pueblo de Seceda
Imagen de: Turismo de Galicia

Aldeas do Courel

Son moitas as vilas e as aldeas que se conservan no Courel e que merecen unha visita: A Seara, Seoane, Folgoso do Courel… Nós imos recomendarche estes:

Seceda: unha das mellores aldeas conservadas de Folgoso do Courel grazas á restauración levada a cabo nos últimos anos. Declarado Ben de Interese Turístico, destacan as súas rúas de lousa, as súas casiñas de pedra, a igrexa de San Silvestre e, sobre todo, o Castro da Torre ao que se pode chegar camiñando.

Froxán: aldea restaurada e declarada Ben de Interese Cultural polo seu valor etnográfico. Destacan as rúas empedradas e estreitas, as casas de tellados de lousas, o seu “sequeiro” de castañas e a Fonte do Milagre.

Moreda: esta pequena aldea ten forma graduada entre 740 e 810 metros de altura. Aquí atópase a Aula de Interpretación da Natureza dende a que parten algunhas das rutas de sendeirismo máis populares da zona. Preto desta aldea atoparás numerosas covas, como a famosa Cova de Teixeira ou a Cova do Oso.

Qué hay que ver en O Courel: fervenza de Vilamor
Imagen de: Turismo de Galicia

Fervenzas do Courel

A auga é outro elemento que forma un espectáculo no Courel e moitas das súas fervenzas e pozas son de visita obrigada.

Pozo das Mulas, preto da aldea de Ferreirós de Abaixo; Poza da Grada, próxima a Paderne; Fervenza de Vilamor, que cae dende unha altura duns 20 metros; Fervenza de Vieiros, á que podes chegar nunha ruta dende a aldea da Seara. Pero hai máis, como a Fervenza da Pedreira ou a Fervenza da Albardaira.

Qué hay que ver en O Courel: Casa-museo Uxío Novoneyra
Imagen de: Casa-museo Uxío Novoneyra

Máis plans para facer no Courel

Xa viches unha chea de sitios impresionantes que ver no Courel. Diciámosche que tres días ías necesitar. E se vas con máis tempo, aquí recomendámosche máis cousas que facer no Courel:

Casa-museo Uxío Novoneyra: visita a casa natal de Uxío Novoneyra, na aldea de Parada do Courel. É a sede da Fundación e un museo vivo que alberga o arquivo, biblioteca e colección de arte familiar. As visitas guiadas realízanse todo o ano e é necesario reserva previa.

Museo Etnográfico Municipal de Quiroga: unha viaxe polo tempo para coñecer a vida e costumes da zona, a súa cultura vinícola, a artesanía de Vieiros en A Seara… e para ver un muíño de aceite orixinal.

Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana: para coñecer a orixe das explotacións auríferas romanas da zona. Atópase á beira do río Sil na localidade de San Clodio.

Visita a O Cebreiro, en pleno corazón do Camiño de Santiago, e o seu Santuario de Santa María a Real. E non deixes pasar a oportunidade de achegarte a Samos e admirar o impresionante mosteiro de San Xulián.

Goza deste tesouro natural de Galicia!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required