menú

Superamos os 130.000 puntos wificlientesR

12/04/2017
Blog R

Ola. A maior rede de wifi gratis de Galicia non para de crecer e iso debémoscho a ti, porque non esquezas que se trata dun clube que sen ti non sería posible. E a mellor forma de agradecercho é ofrecéndoche máis puntos de acceso.

Agora dispós de máis de 130.000 puntos wifliclientesR repartidos en máis de 100 concellos para que poidas conectarte e navegar sen gastar datos, unha gran noticia. Con este aumento podemos dar cobertura aos máis de 195.000 usuarios que desfrutades xa de wificlientesR, gastando ata 5TB de tráfico ao día. Cada día somos máis, como no Xabarín Clube .

Superamos os 130.000 puntos de acceso, entre os que se atopan os 50 de alta capacidade que activamos hai un par de meses. Ampliamos a rede con eses novos accesos que ofrecen maior cobertura, capacidade e velocidade para reforzar as zonas con máis demanda. E seguiremos crecendo para que cada vez teñas máis puntos wifi gratuítos e sen límite de datos.

Se aínda non tes configurado wificlientesR no teu móbilR, lembrámosche que se achega o Nadal e virache pero que moi ben aproveitar o wifi na rúa. Activalo é moi sinxelo, podes facelo a través da app de R. Ao descargala sairache un aviso para que o configures cun só clic. Así de fácil e rápido.

Únete á festa de “non-vou-gastar-os meus-datos”.

Vémonos pronto con máis novidades.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

15 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Freddy Miguel di:

    Pois moito wifi clientes R pero a mi endexamais me funciono..xa instalei a app e demáis e nunca vai..non sei algo farei mal saudos..de todolos xeitos sería raro porque non son precisamente novato coa tecnoloxia

  2. Avatar Placido Dieguez di:

    Sería una buena noticia que Wificlientes R tuviese cobertura en el Campus Universitario Sur de Santiago de Compostela

  3. Avatar Xoan di:

    Enhorabuena por el WificlientesR, está muy bien. Una ayuda extra de datos nunca viene mal.

    Una pregunta, cuando llego del exterior y entro en mi piso siempre se me conecta a la red WificlientesR y no a la red propia wifi mía de R.

    Tengo que hacerlo yo manualmente.

    ¿Alguna solución para que, en casa, se conecte a mi red wifi automáticamente y no a wificlientesR?

    Muchas gracias.

  4. Avatar carlos di:

    non me ía wificlientes R o día do apagón e sainme para configuralo de novo e agora teño que esperar un mes para volver a entrar. a verdade vai moi ben e estou moi contento, pero non sabía que o sairse había que esperar un mes.

  5. Avatar Carlos di:

    Gracias. Xa me vai de novo wificlientesR. Por cousas coma esta sigo con vós. Un saúdo

  6. Avatar Xabi di:

    Si puxerades un punto wificlientesR en San Marcos, concretamente nas instalacións da CRTVG, que ten máis de 1000 traballadores, aforrariades varias baixas, porque desde o cambio de rede a Orange quedamos sen datos, nin 3G nin nada parecido.

  7. Avatar Ivan di:

    Eu levo 200 anos intentando conectarme pero non hai meneira, teño as claves, usuario e nada…..