menú
Consigue plazas para los campus deportivos de verano

Consegue prazas para os campus deportivos de verán

19/06/2020
Blog R

Que ganas tiñan @s peques de volver desfrutar dos campamentos no verán. E como sempre en R, temos prazas para os nosos clientes para que o pasen como ananos divertíndose co seu deporte favorito. Este ano terán onde elixir: o Campus Milenium do Básquet Coruña, o DéporCampus e o Campus Celta. Para conseguir a túa praza, só tes que participar no concurso respondendo á pregunta que se fai no seguinte formulario.

É unha oportunidade única para pasar as vacacións divertíndose, pero tamén para aprender valores. Recibirán consellos dos xogadores e o equipo técnico, e os nenos poderán sentirse como un xogador profesional máis.
Campus Milenium del Básquet Coruña

Campus Milenium do Básquet Coruña

O campamento de baloncesto do equipo coruñés celebrarase do 29 de xuño ao 3 de xullo e do 6 ao 10 de xullo no Albergue de la Merced de Santa Cruz en Oleiros, en horario de 9:00 a 18:00 h. Se o teu fillo é afeccionado ao baloncesto e ten entre 5 e 16 anos este é o seu campamento ideal. Amplía aquí a info.

Ademais, o Básquet Coruña ofrece a posibilidade de ampliar unha semana máis esta experiencia, do 13 ao 17 de xullo.

Participa no concurso do 22 ao 24 de xuño para conseguir unha das 6 prazas que sorteamos.
Campus Celta

Campus Celta

Se o que lle vai ao teu fillo é o fútbol, no campamento do Celta atopará a mellor ocasión para retomar a actividade deportiva e vivir os valores do deporte. Aquí tes todos os detalles.

O Campus está pensado para nenos de 4 a 16 anos e terá lugar do 29 de xuño ao 31 de xullo, de 10:00 a 14:00 h, nestas localidades:

  • Vigo: Campo Federativo
  • Pontevedra: Los Sauces, Campo A Xunqueira
  • Oroso, A Coruña: CM Lino Balado
  • Ourense: Campo Os Remedios
  • Xinzo: Campo A Moreira

En R temos 20 prazas que podes conseguir participando no noso concurso do 22 ao 24 de xuño.
DéporCampus

DéporCampus

Se tes entre 6 e 14 anos e o fútbol é a túa paixón, as túas próximas vacacións escolares espéranche no DéporCampus. Xornadas de adestramento e diversión cos adestradores do Real Club Deportivo na sede do Depor en Abegondo. Aquí tes máis información.

As prazas distribúense en 4 semanas do mes de agosto, en horario de 10:00 a 14:00 h:

  • do 3 ao 7 de agosto
  • do 10 ao 14 de agosto
  • do 17 ao 21 de agosto
  • do 24 ao 28 de agosto

E en R temos 30 prazas para ti. Só tes que participar no concurso para facerte coa túa do 22 ao 24 de xuño.

Gañadores

Campus Milenium del Básquet Coruña

  • Carlos López-Cortón Díaz
  • Amalia Tajes Lariño
  • María Teresa Campos Trillo

Campus Celta

  • Laura Rodríguez Fernández
  • Jaime José Castro Garrid
  • Delia Castro Fernández
  • Beatriz Pérez Domínguez
  • María Josefa Míguez Gómez

DéporCampus

  • Borja Mesías Baeza
  • Eva Manteiga Pose
  • Rosario Ramos Fuentes
  • Laura Neira Ramos
  • Ana Carballo Pérez
  • Francisco Rodríguez
  • Antonio Sánchez Méndez
  • Antonio Sánchez Pereiro
  • Francisco García Carro
  • Pablo Balea Rodríguez
  • Jose Antonio Mateo Oujo
  • Pablo Jose Vara Loureiro
  • Ángel Vara Loureiro
  • Pilar Martínez Riveiro
  • Renato Rodrigues

Parabéns a todos os gañadores!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.