menú

A vila de Portosín xa dispón da fibra óptica de R e de 500 megas

12/07/2019
Blog R

A vila de Portosín, no municipio coruñés de Porto do Son, xa dispón de accesos ultrarrápidos a internet e pode desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.

500 megas

Vimos de rematar as tarefas de despregamento da rede de fibra óptica, que están a aproveitar ao máximo as infraestruturas municipais desta localidade do sur da provincia coruñesa. Así, arredor de 1.280 empresas e fogares da vila costeira de Portosín están xa preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 500 megas simétricos e televisión dixital multicanle de R. Esta cantidade súmase á doutros 1.450 fogares e empresas do municipio de Porto do Son que quedaran conectados ás nosas redes ultrarrápidas hai un par de meses, co que podemos falar a día de hoxe dunhas 2.730 unidades, entre residencias particulares e negocios, que quedan conectados á rede do operador galego dende arestora.

8 millóns de investimento e fondos europeos

Este e outros despregamentos na provincia da Coruña forman parte dun dos proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que en R resultamos adxudicatarios en 2016 para despregar FTTH (fibra ata o fogar) nas chamadas “zonas brancas”, é dicir, as que nunca dispuxeran de accesos de alta velocidade ata este momento.

Xunto co da provincia da Coruña, o operador galego conseguiu tamén a adxudicación doutros dous proxectos; un, para as provincias de Lugo e Ourense e outro para a de Pontevedra. En total, os tres proxectos supoñen un investimento de preto de 8 millóns de euros, dos que 4,3 son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea, a través do Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación (PEBA-Plan Avanza) do Ministerio de Economía e Empresa. Só na provincia da Coruña o investimento total rolda os 3,8 millóns de euros, dos cales 2,1 proceden dos fondos europeos.

Servizos avanzados para máis de 30.000 novos fogares e empresas

Cando se completen os traballos de despregamento nas catro provincias galegas, arredor de 33.000 fogares e empresas destas “zonas brancas” formarán parte do millón longo de fogares e negocios que a día de hoxe están en disposición de recibir os servizos avanzados de R en Galicia. Entre eles, ademais dos accesos ultrarrápidos a internet con velocidade garantida está tamén o desco 4k da televisión dixital de R, pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira. Así mesmo, os clientes de R poderán aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a milleiros de puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. Todo isto cunha atención ao cliente próxima, sempre dende Galicia.

Imaxe de Eladio Anxo Fernández Manso

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

4 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar David Santamaría di:

    A noticia está moi ben pero coma sempre olvidadesvos das aldeas nas que temos os prezos mais altos e as velocidades mais baixas. Por exemplo, eu, a apenas dous kilometros de Portosin pago 75€ por unha ‘magnifica’ velocidade de 3mb

    • Ola, David.

      Non nos olvidamos das aldeas. Pensa que a Portosín acabamos de chegar agora mesmo coa nosa rede de fibra e habería quen dixera tamén que nos olvidábamos tamén das vilas.

      Somos un operador pequeno que seguramente no ano gaña o que gaña no día algunha das multicionais contra as que competimos. Así que facemos o que fai calquera de nós na súa casa: cando aforramos algo, investimos para chegar a máis lugares. Levamos investidos ata o momento 1.300 millóns de euros en Galicia, chegando con fibra a 128 concellos. Sempre imos primeiro a núcleos máis grandes porque con un millón de euros chegamos a máis vivendas. Se gañamos cartos, imos a núcleos máis pequenos e así seguido.

      Oxalá tivesemos 1.300 millóns máis para investir dunha vez. Como non é o caso, imos aos poucos, investindo segundo imos aforrando. Pero non é que nos olvidemos, é que o temos que facer de forma gradual, pero cada ano chegamos a máis galegos.

      Un saúdo.

  2. Avatar luis di:

    Bo día, somos clientes de R en Santiago, en Portosin vivimos na Rúa Sardiñeira numero [EDITADO POLO MODERADOR], curiosamente no número [EDITADO POLO MODERADOR] (enfronte de casa) teñen cobertura, nembargantes nos non a temos, non é doado de entendelo dado que a acometida da fibra estará na rúa e a distancia á casa e de 3 metros. a ver se poden facer algo