menú

O concello de Porto do Son xa dispón de fibra de R

21/05/2019
Blog R

O municipio coruñés de Porto do Son xa dispón de accesos ultrarrápidos a internet e pode desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.

Dende R vimos de rematar unha primeira parte das tarefas de despregamento da rede de fibra óptica, que están a aproveitar ao máximo as infraestruturas municipais da localidade. Así, arredor de 1.450 empresas e fogares deste concello coruñés están xa preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 500 megas e televisión dixital multicanle de R.

Portosín

A finais do mes de xuño conectaranse outros 1.230 da zona de Portosín, co que serán un total de 2.680 residencias particulares e negocios os que queden conectados á nosa cando se completen todos os traballos no municipio de Porto do Son.

8 millóns de investimento

Este e outros despregamentos na provincia da Coruña forman parte dun dos proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que R resultou adxudicataria en 2016 para despregar FTTH (fibra ata o fogar) nas chamadas “zonas brancas”, é dicir, as que nunca dispuxeran de accesos de alta velocidade ata este momento.

Xunto co da provincia da Coruña, o operador galego conseguiu tamén a adxudicación doutros dous proxectos; un, para as provincias de Lugo e Ourense e outro para a de Pontevedra. En total, os tres proxectos supoñen un investimento de preto de 8 millóns de euros, dos que 4,3 son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea, a través do Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación (PEBA-Plan Avanza) do Ministerio de Economía e Empresa. Só na provincia da Coruña o investimento total rolda os 3,8 millóns de euros, dos cales 2,1 proceden dos fondos europeos.

30.000 novos fogares e empresas

Cando se completen os traballos de despregamento nas catro provincias galegas, arredor de 33.000 fogares e empresas destas “zonas brancas” formarán parte do millón longo de fogares e negocios que a día de hoxe están en disposición de recibir os servizos avanzados de R en Galicia. Entre eles, ademais dos accesos ultrarrápidos a internet con velocidade garantida está tamén o desco 4k da televisión dixital de R, pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira. Así mesmo, os clientes de R poderán aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a milleiros de puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. Todo isto cunha atención ao cliente próxima, sempre dende Galicia.

Imaxe de José Manuel García

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Maria di:

    Pois non sei por donde pasa, por que se polas ruas principales non temos, a ver a canta xente e negocios chegan. A cifra das vivendas as que chega bastante inflada.