menú
Por qué las apps quieren tus datos y cómo puedes proteger tu privacidad

Por que as apps queren os teus datos e como podes protexer a túa privacidade

28/01/2021
Blog R

WhatsApp fixo saltar as alarmas coa súa nova política de privacidade que lle permite compartir os teus datos con Facebook. A fuga a plataformas como Telegram ou Signal fíxolle aprazar a súa decisión a maio, pero espertou unha conciencia sobre a privacidade que é un fito, como nos conta Susana Rey, responsable de Protección de Datos de R.

Hoxe celébrase o Día da Privacidade e preguntámoslle a Susana que uso fan dos nosos datos as apps que descargamos no móbil e se somos realmente conscientes do que pasa cando aceptamos ás toas as súas políticas de privacidade.

Crees que a xente está realmente concienciada coa súa privacidade?

Realmente, non o suficiente. Con todo, vimos nas últimas semanas certos movementos que para min son un fito en protección de datos, porque por primeira vez parece que os usuarios se cuestionaron de forma xeralizada para que usa unha aplicación os meus datos e, sobre todo, se decataron de que poden elixir.

Espero que aos poucos a privacidade propia sexa algo que os cidadáns empecemos a valorar realmente. Porque a lexislación europea xa o ten moi en conta, pero mentres ao/á cidadán/á non lle importe, o único que pasará é que as empresas europeas estaremos en peores condicións para a nova economía.

Por qué las apps quieren tus datos y cómo puedes proteger tu privacidad
Somos moi dados a aceptar sen ler as políticas de privacidade e uso de datos, que consello darías?

Lelas, dende logo, e xestionar, sempre que poidamos, os permisos que outorguemos a aplicacións, app, webs e calquera outro servizo.

Debemos ter moi presente que o habitual é que calquera servizo gratuíto inclúa o uso dos nosos datos para usos relacionados sobre todo co márketing.

O que temos que ponderar é se realmente precisamos o servizo que imos recibir e se estamos dispostos a pagar con esa parte da nosa vida que nos piden.

Gustaríame aconsellar que se lesen as políticas de privacidade antes de decidir, pero témome que en moitos casos seguen sendo confusas e non se cumpre o principio de sinxeleza que marca a lexislación europea co RGPD. Nese punto falta moito aínda por avanzar. Pero polo menos revisar os permisos que lles damos ás aplicacións e non aceptar aqueles que non sexan necesarios para esa aplicación en concreto.

Por qué las apps quieren tus datos y cómo puedes proteger tu privacidad
Por que necesitan as apps todos eses datos e que significa aceptar que unha app acceda ás nosas fotos, localización, contactos, etc.?

Cando damos permiso para que unha app acceda a certa información do noso móbil, aceptamos o uso destes datos por parte da app que indicasen na política de privacidade, que probablemente non nos léramos.

Na maior parte dos casos serán usos lexítimos relacionados co servizo que nos presta a app. Por exemplo, sen acceder ás fotos un servizo de mensaxería instantánea non pode enviar unha mensaxe cunha foto, lóxico non? Pero tamén hai moitos usos con fins de márketing, porque de algo viven as empresas da app.

O que sucede é que hai moitas aplicacións a día de hoxe que piden permisos excesivos, en moitas ocasións polas présas coas que se programan. Aínda que a propia app non use estes datos, segue a ser un grave perigo para nós aceptar estes permisos sen máis.

“Hai moitas aplicacións a día de hoxe que piden permisos excesivos”

Se a app é maliciosa ou se simplemente foi hackeada, ao darlle eses permisos teremos un “virus” no noso móbil que instalamos nós e que pode acceder aos nosos datos. Isto é moi perigoso para a nosa seguridade, e poden suceder cousas como que usen os nosos datos para envío masivo de SMS a servizos de tarificación adicional que logo temos que pagar, que nos rouben credenciais bancarias, etc.

O meu consello neste sentido é que revisemos con espírito crítico os permisos que nos piden as aplicacións no momento da súa instalación, e como hoxe en día xa é posible, deneguemos aqueles permisos que consideremos que a aplicación non precisa para o servizo que nos dá. Non hai que preocuparse por se nos equivocamos; se máis adiante fixese falta ese permiso para algunha das súas funcionalidades, volveránolo a pedir.

Xa sabes, segue a recomendación da nosa experta en Protección de Datos. Antes de instalar unha app no teu móbil le ben a letra pequena.

Esperamos terche axudado.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Matexo di:

    Bien avisado, joder. Pero esto viene de antes, y ahora salto la liebre. Educación en esta índole muy importante. Si de verdad os lo tomais en serio lonotareis en vuestra clientela