menú
Enchufe inteligente 3ollos R

Pon 3ollos R na túa casa ou negocio co enchufe intelixente

14/05/2018
Blog R

Confía a 3ollos R o coidado da túa casa cando non estás. Se queres acender ou apagar electrodomésticos dende o teu móbil, ou saber o consumo da túa lavadora, o que necesitas é un enchufe intelixente. Só tes que enchufar este pequeno equipo no enchufe de casa que máis che interese, para medir e controlar o equipo que conectes nel.

Non é maxia, é 3ollos R, e como o fai? A través dun equipo central ou concentrador que conecta e controla diferentes sensores intelixentes. Ti decides que sensores se axustan ás túas necesidades e nós instalámoschos. Hoxe imos coñecer todo o que pode facer por ti o enchufe intelixente.

Acendido remoto

Dende o móbil, ordenador ou tablet (3ollosR.mundo-R.com) podes apagar as pranchas do pelo que deixaches acendidas pola mañá ou acender o deshumidificador se non o queres ter todo o día aceso. Tamén podes indicarlle a 3ollos R que o apague automaticamente cando saias de casa.

Se es friorento virache de marabilla. Podes usar o enchufe intelixente na túa manta eléctrica, indicando a que hora queres que se apague cando te vas a durmir e en que momento se acenda pola mañá. Así, evitarás sustos na cama.

Ademais, virache moi ben para evitar que os peques vexan a tele ou xoguen coa Play cando teñen que facer os deberes. Se conectas a tv ou consola a un enchufe intelixente, poderás apagala, acendela ou programala dende o móbil.


Podes enchufalo nunha regreta para apagar todos os equipos que teñas conectados pola noite ou cando estás de viaxe, así aforras evitando o consumo en stand-by. Centralizando o apagado evitarás o consumo do pilotiño vermello da tele, o ordenador ou o equipo de música. Pero ollo, non apagues o router porque perderás a conexión a internet.

Como ves, o enchufe intelixente permíteche o aceso remoto dos electrodomésticos que lle indiques .

Monitoraxe do consumo

Co enchufe intelixente podes monitorar e estimar o consumo de calquera aparello eléctrico da túa casa, por exemplo o do termo de auga nas diferentes modalidades en que o teñas programado. Así saberás se estás a aforrar ou non.

Poderás saber canto consome o ordenador, a lavadora ou o electrodoméstico que ti elixas. Ademais, 3ollos R enviarache un aviso cando ti queiras co total de enerxía consumida.
enchufe inteligente 3ollos R

Alertas

Por exemplo, cando o avó ergue pola mañá, e acende a TV na súa casa, ti recibes un aviso no teu móbil e sabes que el está ben e que segue a súa rutina de todos os días. Podes indicar o móbil ou móbiles que recibirán esa alerta (deben ter instalada a app de 3ollos R).

Como controlar o enchufe intelixente

3ollos R é moi listiño e permíteche indicar todo o que queres facer dende o móbil directamente a través da app de 3ollos R (dispoñible para Android e iOS).

Dende a app podes acender e apagar o enchufe pulsando o conmutador.
enchufe inteligente app 3ollos R

Tamén podes programalo a través de regras para que o enchufe se apague nun determinado momento, che envíe unha mensaxe coa enerxía consumida e moito máis.
enchufe inteligente app 3ollos R reglas

Custo do servizo

  • 7€/mes para clientes de combo ou mambo: cota do servizo gratis, concentrador 5€/mes e enchufe intelixente 2€/mes durante 24 meses. Pero durante os dous primeiros meses non pagarás nada, 0€.
  • 16€/mes para resto de clientes: : cota do servizo 9€/mes, concentrador 5€/mes e enchufe intelixente 2€/mes durante 24 meses. Pero durante os dous primeiros meses non pagarás nada, 0€.

> contrata aquí

Combínao con outros sensores

Se todo isto pode facer por ti o enchufe intelixente, se o combinas cun multisensor 4 en 1, nin che digo:
enchufe inteligente + multisensor 4 en 1

    • fóra medos: utiliza un enchufe intelixente e un multisensor 4 en 1 para acender a luz cando os nenos se levanten pola noite. Así non terán medo, nin tropezarán.
    • fai da túa casa un fogar: se combinas ambos os sensores, 3ollos R acenderá o deshumidificador se a humidade é alta ou unha lámpada se o día escurece.

Resolvemos as túas dúbidas

Aquí estamos para resolver as dúbidas que teñas sobre 3ollos R. Ademais, podes consultar na web de respostas as preguntas máis frecuentes, descargar os manuais de 3ollos R ou entrar no foro.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

  1. Jose di:

    Tres Ollos no funciona,así que no cuenten historias,llevo más de dos meses sin tres Ollos y han venido a.mi domicilio más de siete veces los técnicos,y no saben solucionar el problema.Menos Milongas

    • Hola, Jose.

      Lo que comentas lógicamente no es de recibo. El servicio funciona y tenemos miles de clientes usándolo. Ahora bien, está claro que en tu caso no comentas esto porque sí.

      Hemos revisado tu caso y vemos que se debe al wifi de la cámara, algo no achacable al servicio de 3ollos R directamente pero que, evidentemente, afecta al mismo

      Para casos de este tipo, dependemos del fabricante de la cámara y el caso está escalado. Estamos probando con diferentes soluciones que nos da el fabricante pero, en tu caso, aún no hemos encontrado la adecuada, con lo que te pido disculpas.

      De todas formas, en R queremos arreglarlo y si vemos que no solucionamos el problema en breve te cambiaremos la cámara por la de otro fabricante (sin coste por supuesto) para que el servicio funcione correctamente.

      Un saludo.