menú
Sensor de puertas 3ollos R

Pon 3 ollos na túa casa ou negocio co sensor de porta

13/07/2018
Blog R

3ollos R coida da túa casa ou negocio por ti cando ti non estás. Se queres saber se alguén entrou en casa ou deixaches aberto, necesitas un sensor de portas. Así recibirás unha alerta no teu móbil cando haxa actividade. Ademais, se o combinas cunha cámara HD poderás saber quen entra ou sae de casa configurando 3ollos R para que grave un vídeo cada vez que se abra a porta.

O sensor de porta (7 cm x 2,6 cm x 1,8 cm e 50 g, funciona a pilas) consta de dúas pezas que van colocadas á mesma altura, unha no marco da porta e outra na porta ou superficie que abre. Os nosos instaladores deixarancho perfectamente colocado onde queiras para que non teñas que preocuparte de facelo ti. Xa ves que sinxelo .

Utiliza o sensor nas portas de casa, xanelas, portas de garaxe, rocho (“trastero” en castelán) ou na caseta do can para saber se a túa mascota escapou.
sensor de puertas 3ollos R

Saber se alguén entra ou sae

Cantas veces ocorre que non lembras se pechaches a porta, agora estarás tranquilo con 3ollos R. Se a túa familia é despistada e che aterra que a porta quede aberta, utiliza o sensor de porta e recibe avisos no teu móbil cando alguén entre ou cando permaneza aberta máis de 5 minutos. Vai de vacacións con total seguridade:

Poderás saber se o avó está ben ou se sucede algo raro no seu comportamento. Se un día non abre a porta, o sensor avisarate de que algo non vai ben. Así poderás estar tranquilo en todo momento:

Consultar a actividade do sensor

Dende do móbil podes ver as medicións do sensor de porta ou recibir alertas a través da app de 3ollos R (dispoñible para Android e iOS) ou dende a web 3ollosR.mundo-R.com.

Abre a app e busca o sensor de porta, onde verás as medidas en tempo real. Para consultar o histórico de medidas só tes que pulsar na icona de “estatísticas”.
sensor de puertas app 3ollos R

Custo do servizo

  • 7€/mes para clientes de combo ou mambo: cota do servizo gratis, concentrador 5€/mes e sensor de porta 2€/mes durante 24 meses. Pero durante os dous primeiros meses non pagarás nada, 0€.
  • 16€/mes para resto de clientes: cota do servizo 9€/mes, concentrador 5€/mes e sensor de porta 2€/mes durante 24 meses. Pero durante os dous primeiros meses non pagarás nada, 0€.

> contrata aquí

Combínao con outros sensores

Combina o sensor de porta cunha cámara HD con visión nocturna para saber quen entrou ou saíu da túa casa.

sensor de puertas y cámara HD 3ollos R

Configura 3ollos R para que grave un vídeo cada vez que se abra a porta principal de casa. Así saberás se chegaron os teus pais ou os nenos ou se o teu cuñado foi a regar as plantas mentres estabas de vacacións.

Segue os seguintes pasos: abre a app e no menú escolle a opción “regras”, pulsa en “crear regras” e busca a regra “grava un vídeo se abre unha porta ou unha fiestra”. Podes configurala para indicar o modo (franxa horaria), porta e cámara que queres monitorar.
sensor de puertas reglas de app de 3ollos R

Resolvemos as túas dúbidas

Aquí estamos para resolver as dúbidas que teñas sobre 3ollos R. Ademais, podes consultar na web de respostas as preguntas máis frecuentes, descargar os manuais de 3ollos R ou entrar no foro.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.