menú
Multisensor 4 en 1 3ollos R

Pon 3ollos na túa casa co multisensor 4 en 1

07/02/2019
Blog R

3ollos R coida da túa casa ou negocio por ti cando ti non estás. Monitoriza as condicións ambientais do teu fogar, como a humidade, a temperatura e a luminancia, así como a presenza de movemento, co multisensor 4 en 1.

Podes combinalo mediante regras con outros sensores para acender automaticamente a calefacción ou un deshumidificador e así estar sempre quentiño cando chegues a casa, ou para gravar un vídeo se detecta movemento a unha hora pouco frecuente.

Non é maxia, é 3ollos R, e como o fai? A través dun equipo central ou concentrador que conecta e controla diferentes sensores intelixentes. Ti decides que sensores se axustan ás túas necesidades e nós instalámoschos. Hoxe imos coñecer todo o que pode facer por ti o multisensor 4 en 1.

Multisensor 4 en 1 3ollos R

Movemento

Cando se produce un evento de movemento (algo ou alguén pasa por diante), o sensor actívase e execútase a acción que teñas programada (envío de notificación, activar algunha regra de aceso ou apagado, gravación, etc.).

Saberás se hai alguén na terraza ou se a túa mascota entrou no salón e así evitarás sustos innecesarios. O sensor pode avisarte se hai ou non movemento nun horario determinado, como nun comercio.

Combínao cun enchufe intelixente, para acender automaticamente unha lámpada se os nenos se erguen pola noite. Así non terán medo, nin tropezarán.

Poderás realizar gravacións coa cámara HD se o multisensor detecta movemento no teu comercio cando está pechado.

Temperatura e humidade

Fai da túa casa un fogar. O multisensor 4 en 1 detecta se a temperatura é baixa ou alta. Se o combinas cun enchufe intelixente, poderás facer que se acenda automaticamente un calefactor se fai frío ou un deshumidificador se a humidade é alta.

Luminancia

Saberás o estado de luminosidade da túa casa. Combínao cun enchufe intelixente e 3ollos R acenderá unha lámpada se o día escurece. Di adeus aos tropezos e pequenos e maiores sentiranse completamente seguros.

Custo do servizo

  • 8€/mes para clientes de combo ou mambo: a cota do servizo é gratis, o concentrador son 5€/mes e o multisensor 4 en 1 son 3€/mes durante 24 meses. Pero durante os dous primeiros meses a cota do concentrador é gratis, polo que só pagarás os 3€ do multisensor.
  • 17€/mes para resto de clientes: a cota do servizo son 9€/mes, o concentrador son 5€/mes e multisensor 4 en 1 son 3€/mes durante 24 meses. Pero durante os dous primeiros meses a cota do concentrador e o servizo é gratis, polo que só pagarás os 3€ do multisensor.

> contrata aquí

Resolvemos as túas dúbidas

Aquí estamos para resolver as dúbidas que teñas sobre 3ollos R. Ademais, podes consultar na web de respostas as preguntas máis frecuentes, descargar os manuais de 3ollos R ou entrar no foro.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.