menú
play doc festival

Asiste ao Play – Doc 2018 con R ou leva un pack único

11/04/2018
Blog R

O festival Play – Doc, o festival internacional de cine documental máis importante de Galicia, celebra a súa 14 edición en Tui. E os clientes de R tamén o poderán desfrutar entre entre o 26 de abril e o 1 de maio. Ao final do post explicámosche os regalos que temos para ti 😉

Nestes seis días verás títulos de toda índole e orixe, polo que ninguén quedará indiferente.

Títulos internacionais

Presentaranse filmes como ‘Going South’ do canadense Dominic Gagnon. Que é a segunda entrega dunha triloxía sobre os efectos de internet na sociedade e na vida persoal de cada individuo.

Lamaland (Teil I), Les Unwanted de Europa, Terra Franca… e todos os títulos que participan nesta edición conforman a combinación ideal de temas para desfrutar de seis días de festival, incribles!

Que non! Que non se esqueceron do cinema galego neste festival internacional. Tamén hai numerosos títulos producidos na terriña nas filas do Play – Doc.

‘Algunhas nubes flotan lonxanas’

Con este documental Gonzalo E. Veloso  fainos reflexionar sobre a identidade a través da memoria.

‘Caerán lóstregos do ceo’

Cuestionaraste que é real, e que non o é con este filme de Adrián Canoura sobre as crenzas galegas arredor do lóstrego.

‘Trinta Lumes’

Tamén acompañarás a nena Alba e o seu amigo Samuel nunha viaxe polo misterio da vida e a morte con ‘Trinta Lumes’ de Diana Toucedo

O fío musical: Rubblebucket

Dende Brooklyn voaron para amenizar a velada do sábado 28 de abril os Rubblebucket nesta edición do Play – Doc. Dende as 00:30 horas, Kalmia Traver e Alex Toth deleitarán os teus oídos cunha mestura de indie, afro-funk, dance e un longo etcétera.

Pero quen clausura o evento son os coruñeses Esteban & Manuel, da man de Son Estrella Galicia. A verbena está asegurada coa música latina dos dous preferidos da Coruña!

Despois de poñerche os dentes longos con tanto documental e tanta música, non podiamos deixar así as cousas.

play doc concurso

Un agasallo para ti

Grazas ao Play – Doc podemos ofrecerche 10 regalazos! Pois temos cinco accesos VIP ao festival e cinco packs de merchandising cos que tamén poderás acceder a unha proxección.

O pack Play – Doc merch consiste en cunca, camiseta, caderno, calcetíns e un pase dobre para unha proxección.

O pases VIP Play – Doc consiste en dúas entradas para o festival e para o concerto de Rubblebucket do 28 de abril.

Para participar

O de sempre, só tes que enviarnos un correo a quecheparece@mundo-r.net co asunto:

  • “Pases VIP Play – Doc”: se queres asitir ao festival completo, concerto de Rubblebucket incluído.
  • “Pack Play – Doc”: se queres asistir a unha proxección do festival e levar un pack consistente en cunca, camiseta, caderno e calcetíns.

No correo debes responder á pregunta “Sobre que tema farías ti un documental?”. Recorda indicar nome, apelidos e DNI do titular do contrato con R. Escolleremos as 10 mellores respostas.

Tes ata o 20 de abril ás 10:00 horas para participar. Podes consultar aquí as bases do concurso.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios