menú
Planes muy R para llenar tu agenda de abril

Plans moi R para encher a túa axenda de abril

05/04/2022
Blog R

O que nos gusta en Galicia un raio de sol para gozar de plans ao aire libre! Ademais, en abril os días son máis longos e a Semana Santa dános un merecido descanso tras semanas de traballo continuado. Aínda non fixeches plans? En R propoñémosche una chea de ideas para espremer cada día ao máximo.

 

Facer o Camiño de Santiago

Ferrol e Viveiro son os destinos que levantan paixóns en Semana Santa, pero non esquezas de que este ano seguimos celebrando o Xacobeo 21-22. Así que: Camiña a Galicia!

Podes facelo a pé ou en bicicleta. Se elixes esta última opción, le antes este artigo do blog para preparar o Camiño de Santiago en bicicleta.


Unha vez en Compostela, podes ir de viños (ou de cafés, ou de zumiños) pola zona vella e terminar a xornada cunha visita nocturna á Catedral.

E xa que estás en Santiago, recomendámosche unha visita ao Museo do Pobo Galego. Ademais da súa colección permanente sobre a antropoloxía cultural de Galicia, podes visitar agora as exposicións

  • “Coreografías do facer: imaxes do traballo feminino en Gustav Henningsen”.
  • “No interior do abandono: fotografías de Carlos Lorenzo e poemas de Baldo Ramos”, unha viaxe visual e poética polas aldeas do rural galego que están a sufrir o despoboamento e a desmemoria.

 

Celebrar o Día do Libro

Apps leer libros en el móvil
Perderte polos corredores da túa librería favorita é un planazo para celebrar o Día do Libro o 23 de abril.

Tamén o é ler no móbil, aínda que a algúns/as resúltalles máis incómodo e menos entrañable. Como se nota que somos unha empresa tecnolóxica 😉. Aquí recomendámosche algunhas apps que van moi ben para ler no teu teléfono ou tablet.
 

Descubrir recunchos da nosa terra

Descubrir Cangas
Despregar a nova rede de fibra óptica ultrarrápida está a permitirnos descubrir unha chea de recunchos de Galicia. E queremos compartilos contigo porque é un bo plan para facer unha excursión esta semana Santa ou calquera finde de abril:

  • Abegondo: casas solariegas, pazos, castros e cruceiros conflúen no seu extenso patrimonio. Destacan: as Torres de San Tirso de Mabegondo ou a Casa de Felipe II e o ‘Cruceiro bonito’, peza única en Galicia, de estilo bretón e construído no ano 1787. E se es de natureza, non perdas o paseo polo encoro de Cecebre.
  •  

  • Nigrán: escapada ao sur da provincia de Pontevedra para gozar de areais como Patos ou Praia América. Para os amantes da montaña están os montes de Chandebrito, coa súa característica escultura “Rexurdimento”, e os miradoiros de Monteferro, con espectaculares vistas das illas Cíes.
  •  

  • Cangas: a capital da comarca do Morrazo é un dos concellos máis visitados das Rías Baixas; e non nos sorprende. Imprescindibles a Praia de Melide, situada no Espazo Natural Protexido ‘Dunas de Barra’ e Costa da Soavela, ou Cabo Home, punto estratéxico para observar as illas Cíes. Xa no interior, Cangas ten petróglifos tan recoñecidos comos os Labirintos de Mogor. Nas súas rúas hai igrexas, prazas e as ‘Casas de Patín’, típicas dos mariñeiros.

 

Saborear a nosa gastronomía

En Galicia somos moi de comer, e ir de festa en festa represéntanos 😉. En abril podes saborear lamprea en Arbo, na festa que se celebra do 22 ao 24 de abril; ir ata Lalín a comer un bo cocido o 24 de abril na súa popular Feira, desprazada de data pola pandemia; ou gozar do requeixo e o mel nas Neves, os días 15 e 16 de abril. Son só algunhas das moitas festas gastronómicas de abril, podes ver máis en Turismo de Galicia.

 

Ir ver xogar ao Dépor Genuine

Deportivo Genuine
Como che soa unha escapadiña en coche a Xixón? Alí xoga o Dépor Genuine os seus próximos encontros, do 22 ao 24 de abril. Os branquiazuis xa se estrearon nesta cuarta tempada de LaLiga Genuine.

Se non a coñeces, xa estás a tardar porque é unha competición moi chula que disputan “persoas con diferentes discapacidades e moitas capacidades”, como nos dicía o xogador do Celta Integra, Julio César Andrés Maestu nesta entrevista que podes ler aquí.

Julio César e os/as seus/súas terán que esperar unhas semanas a que comece a seguinte fase de LaLiga Genuine.

 

Gozar da tele no sofá

DAZN en abril
Para eses días que apetece quedarse na casa e descansar, na tele tes cousas interesantes para elixir:

Non te queixarás de ideas para Semana Santa e as túas findes de abril 😉.

Fai espazo no móbil para capturar todos eses momentazos primaverais. Se necesitas cambiar de móbil, a R veñen de chegar bastantes terminais e temos moi boas rebaixas. Podes velo na páxina móbilR e comprar directamente en liña.

Goza con R!!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.