menú
Planes culturales para disfrutar del Xacobeo

Plans culturais para gozar do Xacobeo

17/11/2021
Blog R

Se pensas que novembro é un mes aburrido é que non viches todos os plans culturais que o Xacobeo 21-22 ten para ti. Visitas nocturnas á Catedral, actividades en familia no Museo das Peregrinacións e de Santiago ou exposicións sobre o Camiño espéranche en Compostela.

Vive o Camiño!!

Visita nocturna a la Catedral de Santiago

Visita nocturna á Catedral de Santiago

Tras a súa restauración integral, a catedral de Santiago loce en todo o seu esplendor. Descubre a súa arte e historia como nunca antes se puido ver mediante estas visitas guiadas, en grupos reducidos e en horario nocturno que inclúen o Pórtico da Gloria, o percorrido polo interior da catedral e as súas capelas e o acceso a algúns espazos especiais.

Podes facer a visita de luns a sábado ás 22:30 h (excepto os venres), 22:45 h e 23:00 h. Compra xa a túa entrada aquí.

O venres ás 22:30 h ten lugar a visita especial do programa “Tras as pegadas do Mestre Mateo”, que inclúe un percorrido por espazos do proxecto mateano como o Pórtico da Gloria, a cripta, a tribuna, o coro pétreo ou o Espazo Mestre Mateo no Pazo de Xelmírez. Fai a túa reserva aquí.

E se non tes vertixe, tamén podes achegarte a coñecer as cubertas e a torre da Carraca.

Museo de las Peregrinaciones y de Santiago en familia

Museo das Peregrinacións e de Santiago en familia

Ata o mes de decembro goza de talleres, visitas teatralizadas e música no Museo das Peregrinacións e de Santiago, dentro da cuarta edición de “Museo en Familia”.

Toma nota das próximas actividades e ven pasar o sábado no museo:

  • Sábado 27 de novembro ás 11:30 h: “Unha barca, un corvo, dúas viaxes”, obradoiro de selos.
  • Sábado 27 de novembro ás 17:00 h e ás 18:00 h: “Paseo con musa”, visita teatralizada á exposición permanente.
  • Sábado 11 de decembro ás 11:30 h: “Desenterrando vitrinas”, obradoiro arqueolóxico con visita aos fondos arqueolóxicos da exposición.
  • Sábado 11 de decembro ás 11:30 h: “Unha barca, un corvo, dúas viaxes”, obradoiro de selos.
  • Sábado 11 de decembro ás 17:00 h: “Escritura con instrumentos históricos”, obradoiro con visita a fondos documentais da exposición permanente.
  • Sábado 18 de decembro ás 19:00 h: “Cantando o Camiño Trobairitz”, concerto da soprano Esperanza Mara. Unha viaxe musical en formato de concerto didáctico interactivo.

A capacidade é limitada polo que é preciso realizar unha reserva no teléfono 881 867 401 ou no correo reservas.mdperegrinacions@xunta.gal.

E sen saír do Museo das Peregrinacións, non perdas ata o 4 de decembro a exposición “Próxima parada. As peregrinas toman a cidade”, comisariada por Gemma Sesar. Once esculturas policromadas realizadas en madeira renden homenaxe a todas as peregrinas que chegan cada día a Compostela. Cada unha delas leva ás costas unha alegoría das diversas etapas da vida de calquera peregrina, de calquera muller.

El Camino Portugués. Memorias de mar y piedra

Exposición sobre o Camiño Portugués

Santiago vive estes días un bulir museístico que nos deixa exposicións moi interesantes en torno ao Camiño de Santiago, como esta sobre a ruta portuguesa.

O Museo Centro Gaiás acolle ata o 17 de abril a mostra “O Camiño Portugués. Memorias de mar e pedra”..

De Porto a Santiago de Compostela, as paisaxes, a vida nas prazas das aldeas, os monumentos e as escenas cotiás que foron inmortalizadas en séculos pasados volven ser motivo de inspiración baixo unha nova mirada. A de 42 fotógrafos e fotógrafas, que reflicten a riqueza paisaxística e monumental deste itinerario histórico a través de 120 imaxes.

Podes ver a exposición de balde de martes a domingo, de 10:00 h a 20:00 h. Ademais, tes a opción de facer unha visita comentada, só tes que reservar aquí a túa praza.

Como ves, tes moitos plans para gozar o Camiño de Santiago este Xacobeo 21-22.

Camiña a Galicia!!

+ info sobre o Xacobeo 21-22

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.