
Ping 8.8.8.8
Se queres saber se tes conexión a internet e tamén os valores da túa liña, unha das recomendacións que se adoita facer é realizar un ping.
Para isto, tes dúas opcións. A primeira é ir ao buscador de Windows e poñer “Símbolo del sistema”.
A outra opción é buscar a consola premento ao mesmo tempo as teclas de Windows + R.
Ábrese unha fiestra e aí escribes cmd
Aparecerache entón unha ventá como esta:
A partir de aí, escribimos eo comando ping 8.8.8.8
Estes números (8.8.8.8) representan a dirección a dirección IP dos DNS de Google. DNS son as siglas de Domain Name Servers ou, traducido ao galego, Servidores de Nomes de Dominio.
Se tes conexión da internet indicarache o tempo que tardou en conectarse cos servidores de Google.
Se non tes conexión da internet, non terás resposta ao ping que realizaches.
2 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Sei que non ten que ver coa entrada, pero a ver se deixades mellor grabadas as pelis no rebobina, que para ver Eyes Wide Shut, tes que paparte antes a segunda metade de El color del dinero, e non te deixa avanzar. Cada día peor e peor.
Ola, Lau.
As gravacións do rebobina fanse segundo a hora na que a canle establece o inicio e o final do contido. É dicir, se a canle di que Eyes Wide Shut comeza ás 21.00 horas e finalmente comeza ás 22.00 horas, pasa o que comentas, que aparece outro contido. É un tema que lle indicamos constantemente ás canles, que é preciso ser rigoroso co horario da programación, sobre todo tendo en conta que moita xente xa non ve a emisión lineal e prefire ver os contidos en rebobina.
Sempre establecemos unha marxe, pero xa digo que se non se cumpre o horario non podemos facer moito 🙁
Un saúdo.