menú
Outlet venres neghro

Outlet venres neghro, asustamos cos prezos

16/11/2020
Blog R

En R estamos todo o mes de novembro de venres neghro e cada semana estamos a contarche novidades. Hoxe abrimos o noso outlet exclusivo online pensado para que desfrutes máis do teu lecer agora que pasas máis tempo na casa. Pero ademais só esta semana podes levar un Samsung Galaxy A51 a un prezo inigualable.

Máis lecer para túa casa no noso outlet

Para pasálo de medo estes días que tes que estar na casa, propoñémosche 3 planazos que che custarán moi pouco. Seguro que che apetece botar unhas partidas á Nintendo para facer máis levadío o día, facer a túa casa máis cómoda con Google Home ou poñer a túa música favorita sen molestar os veciños cuns Samsung Galaxy Buds+.

Faite xa con eles no noso outlet exclusivo online a prezos inigualables.
Outlet venres neghro

Lembra que tes máis opcións de lecer no venres neghro de R: televisores rebaixados para ver Netflix en bucle, un paquete de televisor Smart TV LG 32” e móbil LG K41s, unha tablet Samsung Galaxy Tab A47 gratis co bono de 20GB por 12€ ou un Samsung Galaxy Fan Edition cuhna Band Fit 2 de regalo para poñerte en forma.

Samsung Galaxy A51, o máis vendido a prezo inigualable

E para que fales sen parar podes estrear móbil con gigas ilimitados durante 6 meses a prezos inigualables. Esta semana podes levar o Samsung Galaxy A51 dende 10€ ao mes. A súa pantalla Infinity de 6,5″, 4 cámaras traseiras e 128GB de memoria convertérono no smartphone Android máis vendido do mundo no primeiro trimestre do ano.
Venres neghro Samsung Galaxy A51

Non deixes pasar o venres neghro de R! A semana que vén, máis.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.