
Os monólogos R volven aos teatros en maio
Seguro que lembras aquela vez en que se che pegou a risa do de ao lado e acabou toda a sala a gargallada limpa. E é que eses momentos non se esquecen e hoxe, por fin, recuperámolos. Volven os monólogos R aos teatros de toda Galicia.
Volve a risa compartida, volve a dor de barriga, volven as bágoas caéndoche pola cara, volven os aplausos, os asubíos e o patio de butacas en pé.
Que ganas tiñamos de anunciarvos que os monólogos R regresan de forma presencial.
Xosé A. Touriñán, Oswaldo Digón e Marita Martínez
Que estarán argallando estes tres? Moi pronto o saberás, pero xa che dicimos que vas esmendrellar coa risa.
E é que estes cracks do humor teñen táboas. Levan anos sacándoche un sorriso dende o televisor e os escenarios.
Xosé A. Touriñán acompañounos nunha chea de monólogos R. Dende que empezaba a triunfar con As Cantareiras de Ardebullo xunto a Marcos Pereiro ata agora. Polo camiño vímolo na gran pantalla e no teatro metido no papel de fillo de Manuel Charlín en “Fariña”, interpretando unha infinidade de personaxes no cine, percorrendo “Rutas bizarras” con Marta Hazas en La 2 e subido ao escenario cos seus monólogos.
Oswaldo Digón é outro dos humoristas que repiten nos monólogos R. O cómico e actor galego manexa a retranca como ninguén. Empezou a súa carreira aló por 1996 como contacontos e hoxe o rifan os mellores programas de comedia. Nada se lle resiste, ademais dos monólogos e a interpretación, é membro do grupo Almas de Cántaro, que combina música e humor; traballa como guionista e ata fai os seus primeiros pasos como debuxante. Un todoterreo.
Marita Martínez sabe contar historias coma ninguén. Así nolo demostrou co seu máis recente espectáculo “Quéroche un conto”. Ademais de facernos rir cos seus espectáculos, vímola durante máis dunha década facendo teatro con compañías como Espello Cóncavo e Teatro Galileo ou actuando en series tan emblemáticas como “Mareas Vivas”.
E cando os vas a poder ver en directo, dende moi preto, na túa cidade? Toma nota.
Datas dos monólogos R
O espectáculo estará a xirar por Galicia durante o mes de maio e pasará por estes escenarios:
- A Coruña, sábado 7 de maio, ás 20:00 h (Palexco)
- Ourense, xoves 26 de maio, ás 20:30 h (Pazo de Congresos)
- Lugo, venres 27 de maio, ás 20:30 h (Auditorio Gustavo Freire)
- Vigo, domingo 29 de maio, ás 18:00 h (Teatro Afundación)
Consigue a túa entrada para os monólogos R nas nosas redes sociais
Non perdas de vista as nosas redes sociais porque sortearemos invitacións para que nos acompañes no regreso aos teatros dos monólogos R en cada unha das catro cidades da xira.
Entra xa nas redes sociais de R: Facebook, Instagram ou Twitter e participa.
Máis dunha década compartindo monólogos contigo
Accións como os monólogos fannos ser o que somos. Porque estes espectáculos permítennos estar máis preto de ti e é a nosa maneira de agradecerche que nos acompañes cada ano.
Ademais, convertéronse nun clásico cun éxito total dende que os estreamos en 2008.
Durante todos estes anos rímonos a gargalladas cos mellores monologuistas galegos: David Amor, Isi, Pepo Suevos, Carlos Blanco, Rober Bodegas, Marcos Pereiro, Federico Pérez, Javier Veiga, Víctor Grande, David Perdomo, Isa Risco e agora Marita Martínez e os propios Xosé A.Touriñán e Oswaldo Digón.
Mesmo nos peores momentos, quixemos sacarche un sorriso. Por iso, o ano pasado reinventamos o formato dos monólogos R para levalos directamente á túa casa a través da televisión.
E hoxe, por fin, volven aos teatros.
Que o goces a tope!!
15 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Encantanme!! Xa toca epoca de rir un pouco 🙂
Cuando vais a decir los ganadores?Gracias!
Hola, Marta.
Ya nos hemos puesto en contacto con los ganadores.
Un saludo.
Sain gañador. Onde recollo as entradas?
Ola, María.
Contesteiche á consulta na rede social pola que participaches.
Un saúdo.
Donde se puede participar para el sorteo, o donde puedo comprar las entradas para Vigo
Hola, José Manuel.
Las entradas para los monólogos no están a la venta, puedes acudir mediante invitación.
En nuestras redes sociales dispones de sorteos para poder adquirir una invitación doble: http://i.r.gal/5w8.
Un saludo.
En pra cando Santiago?
Ola, Xurxo.
Este ano as funcións son en Ourense, Lugo, Vigo e A Coruña.
Se houbese calquera novidade, será publicada polas canles habituais de información.
Lamento as molestias.
Un saúdo.
Participo para el sorteo de lugo , 27 de mayo
En Ourense non sei onde é o Pazo dos Congresos, será no Auditorio municipa?
Grazas!
Ola, Conchi.
Si, o Pazo de Congresos corresponde como me comentas o Auditorio municipal.
Un saúdo.
Como participó para Lugo
Quiero conseguir entradas para Lugo. Cómo se hace?
Hola, Marisa.
Tenemos pendiente de publicar un sorteo en redes por si nos devuelven entradas.
Síguenos en redes y estate atenta para apuntarte.
Un saludo.