menú

Ortigueira conta con acceso á rede de fibra óptica de R

24/07/2019
Blog R

O municipio coruñés de Ortigueira xa dispón de accesos ultrarrápidos a internet e pode desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.

500 megas en máis de 1.000 fogares e empresas

O operador galego vén de rematar as tarefas de despregamento da rede de fibra óptica, que están a aproveitar ao máximo as infraestruturas municipais deste concello do norte da provincia coruñesa. Así, máis dun milleiro de empresas e fogares da localidade costeira de Ortigueira están xa preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 500 megas e televisión dixital multicanle de R. A esta cantidade sumaranse outras 160 unidades, entre residencias particulares e negocios, cando se complete o despregamento da rede de R a peche deste mes de xullo.

8 millóns de investimento e fondos europeos

Este e outros despregamentos na provincia da Coruña forman parte dun dos proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que en R resultamos adxudicatarios en 2016 para despregar FTTH (fibra ata o fogar) nas chamadas “zonas brancas”, é dicir, as que nunca dispuxeran de accesos de alta velocidade ata este momento.

Xunto co da provincia da Coruña, o operador galego conseguiu tamén a adxudicación doutros dous proxectos; un, para as provincias de Lugo e Ourense e outro para a de Pontevedra. En total, os tres proxectos supoñen un investimento de preto de 8 millóns de euros, dos que 4,3 son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea, a través do Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación (PEBA-Plan Avanza) do Ministerio de Economía e Empresa. Só na provincia da Coruña o investimento total rolda os 3,8 millóns de euros, dos cales 2,1 proceden dos fondos europeos.

Un millón de fogares con cobertura de R

Cando se completen os traballos de despregamento nas catro provincias galegas, arredor de 33.000 fogares e empresas destas “zonas brancas” formarán parte do millón longo de fogares e negocios que a día de hoxe están en disposición de recibir os servizos avanzados de R en Galicia. Entre eles, ademais dos accesos ultrarrápidos a internet con velocidade garantida está tamén o desco 4K da televisión dixital de R, pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira. Así mesmo, os clientes de R poderán aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a milleiros de puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. Todo isto cunha atención ao cliente próxima, sempre dende Galicia.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

7 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar DAVID di:

    Buenas tardes,

    Se sabe alguna novedad sobre el incremento de la velocidad de la fibra óptica en O Barco de Valdeorras? Llevamos mucho tiempo desde Diciembre del 2018 esperando noticias de cuando se implementará y nunca nos contestan con una fecha. Hay muchas localidades así, pero que ya hayan implementado en la localidad de PETIN A RUA la velocidad de 500 mb y no lo hayan hecho aun en O Barco, la verdad no lo entiendo. En este aspecto estoy bastante decepcionado con vuestra compañía, si este año no haceis la subida correspondiente y por la cual sigo pagando el precio antiguo esperando dicho aumento de velocidad a 300 mb, me daré de baja en R.

    • Hola, David.

      No tengo información por ahora. Tenemos red en casi 130 municipios, con lo que son muchos nodos en los que recablear y cambiar equipos.

      En Petín se ha activado hace muy poco la red, con lo que en los trabajos de despliegue de fibra ya hemos incluido equipos actualizados. En O Barco llevamos con fibra muchos más años, así que tenemos que ir ampliando y renovando los equipos. En Petín ya ponemos la última tecnología disponible y, conforme pase el tiempo, también nos tocará ir actualizando.

      Un saludo.

  2. Avatar Manuel Barcon blanco di:

    Si en ortigueira tenemos fibra,lo que no tenemos es cobertura,sobre todo en las aldeas,y si quieres romper el contrato por no darte el servicio,todo son pegas,mala cobertura y mal funcionamiento del desco de la tv