menú

Ollo coas chamadas telefónicas estrañas

26/11/2014
Blog R

Ola a todos. Hai pouco, informamos a través das nosas redes sociais de que tivésedes coidado con algunhas chamadas que recibides dende móbiles descoñecidos. E hoxe queremos insistir de novo nisto, porque está visto que insisten unha e outra vez.

Como dicimos, a cousa comeza por unha chamada dun móbil descoñecido. Ata aí non hai problema, xa que por descolgar e atender a chamada non se cobra nada. Non hai que ter medo por iso. Cando hai que sospeitar? Cando do outro lado se escoita unha locución. Aí é cando debemos pensar que hai algo raro e colgar.

Que é o que di a locución? Pois algo que non é certo, pero rediríxennos a outro número. E ese número si que é de tarificación adicional. De feito, piden que chamemos a un teléfono que comeza por 80 (e dino así, “ochenta” en castelán), cando realmente é un 80X. É dicir, pode ser un 805, 806, 807… Pero ao dicir 80, parece que é dunha provincia, cando non é así. Xogan ao despiste. O dito, non hai que chamar, porque do contrario imos notalo na factura, porque é un servizo moi caro. E a cousa non vai con nós.

ACTUALIZACIÓN: tamén están enviando SMS, nos que din que intentaron contactar con vós sen éxito. E que por favor chamedes a un número que comeza por 80. Que é urxente.

Que pasa se chamamos a ese 80X? Pois que algúen nos colle o teléfono e di que se trata dunha empresa que ofrece certos servizos e que tes que falar cun compañeiro, na súa extensión, que comeza por 118XX. Vamos, que se xa era cara a primeira chamada, marcando ese número volven quitarnos máis cartos. Realmente este tipo de números, os 118xx son números de consulta telefónica sobre números de abonados, pero hai empresas que incumpren a regulación e úsanos como servizos de tarificación adicional.

A mellor protección, como sempre dicimos, é ser precavidos. Se alguén quere algo, que vos chame. Así que desconfiade de números raros e de servizos que non pedistes.

Xa o sabedes, pero queremos aclararvos que dende R non temos nada que ver con isto. O que fan é chamar de xeito automático a calquera número, a ver se cae algún “despistado”. Pero cremos que é a nosa responsabilidade informarvos.

Por último, só recordarvos que é recomendable restrinxir as chamadas de tarificación adicional ou os sms premium. É tan simple como facelo dende a web de clientes. Ides a configurar > configurar móbilR e a restricións on/off. Así evítanse certo tipo de sorpresas desagradables na factura. E ben sabedes que nós só poñemos a rede e intentamos ofrecer un bo servizo. Pero moitas veces recibimos os paus, cando non temos nada que ver con isto e os que se lucran son certas empresas propietarias deses números, que en ocasións esconden prácticas pouco honestas.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. xose prieto di:

    todo correcto pero el servidor de los usuarios debera tener por defecto las restricciones necesarias,,creo yo ?¡, ademas de evitar ciertos abusos de sesalmados y que desde cada usuario no podemos a veces resolver
    creo que los seervidores de telefonia deberian poner mas de su parte para seguridad y atender las peticiones de usuarios que no realizaron llamadas queriendo ?¿
    saludos

    • blog R di:

      Hola, Xosé.

      Esta publicación es de hace 6 años. Actualmente las compañías podemos restringir las llamadas de tarificación adicional denominadas Premium que generan una alta tarificación al cliente. Las llamadas a servicios especiales como 90* de atención o de 118* de información, no son consideradas como tal. Esto lo regula el Gobierno por ley.

      Un saludo.