menú
cursos-bq-tendaR

Cursos gratuítos para usar o teu smartphone con BQ

21/11/2018
Blog R

Ola. Se pasaron moitos entroidos antes de que chegase o primeiro móbil á túa casa, seguro que aínda hai cousas que se che escapan con estes smartphones do demo. Ou quizais es un experto, millenial ou non, e queres aprender uns truquiños para sacarlle o máximo partido ao teu móbil.

Sexa como for, BQ organiza nas nosas tendas uns obradoiros gratuítos para usar o teu smartphone que che poden interesar. Non é preciso ter un BQ mercado 😉 e inda por riba levarás un agasallo.

Tamén para os máis maiores

Ao mellor non podes atender a todas as preguntas que che fai teu pai, nai, avó ou avoa sobre estes trebellos. Así que, é unha ocasión para que aprendan e pregunten todas as súas dúbidas.

Solicita unha praza para eles.

Que faremos: principiante e avanzado

Nos obradoiros para principiantes aprenderás a configurar un terminal de cero. Configuraremos unha conta de correo, descargaremos apps de Google Play, aprenderemos a usar o Whatsapp, agregaremos novos contactos á axenda, borraremos os que non nos interesan…

Se polo contrario xa es experto e tes moitas preguntas, podes facerllas ao profesor. Nos obradoiros avanzados aprenderás a sacarlle todo o partido que ten o teu móbil, case traballará só despois desta personalización!

Impartidos por expertos

O profesor será Fernando Abalo, especialista en smartphones de BQ.

Lembra que non é preciso que teñas un BQ, nin que sexas cliente de R. Todo o mundo pode acudir! Apúntate neste formulario.

Horarios e tendas R

Os obradoiros serán de grupos reducidos, cun máximo de 10 persoas nas seguintes datas:

  • Luns 26 de novembro na tenda R Ferrol (Cantón de Molíns, 3) ás 11:00, 12:00, 17:00, 18:00 e 19:00 horas
  • Martes 27 de novembro na tenda R de A Coruña (CC Catro Camiños) ás 11:00, 12:00, 17:00, 18:00 e 19:00 horas
  • Mércores 28 de novembro na tenda R de Vigo (García Barbón, 38) ás 11:00, 17:00 e 19:00 horas
  • Luns 10 de decembro na tenda R de Santiago de Compostela (rúa República El Salvador, 3) ás 11:00, 12:00, 17:00, 18:00 e 19:00 horas
  • Martes 11 de decembro na tenda R de Vilagarcía (Rey Daviña, 36) ás 11:00, 12:00, 17:00, 18:00 e ás 19:00 horas
  • Mércores 12 de decembro na tenda R de Ourense (rúa Bedoya, 14) ás 11:00, 12:00, 17:00, 18:00 e ás 19:00 horas
  • Xoves 13 de decembro na tenda R de Lugo (Raíña, 18) ás 11:00, 12:00, 17:00, 18:00 e ás 19:00 horas

Para asistir só tes que levar o teu terminal con liña operativa, gañas, e todas as dúbidas que queiras! Apúntate xa no formulario, bule!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

22 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Lorena Perez di:

    e cursos para móviles de Samsung?
    Grazas

  2. Isabel di:

    Asistirei o 13 de decembro na tenda de R da rúa da Raiña en Lugo, de 11 a 12 da mañá.
    Gracias

  3. Miguel Angel di:

    Boas, canto dura o cursillo?. Grazas.

  4. manuel di:

    la verdad es que no sé si quede apuntado al cursillo, ya que al terminar de rellenar el formulario y pulsar en siguiente no me da opción alguna.

  5. Carmen Barbeito Cancelo di:

    Gustaría e asistir no CC Cuatro Caminos alas doce

  6. Miguel Angel di:

    Boas.
    Pásoume o mesmo que a Manuel, quería que me confirmarades si enviei ben o formulario, e si foi así, si teño plaza, sería en Vigo as 19:00h (avanzado). Grazas.

  7. onesimo di:

    Soy un muy antiguo cliente de R, cuando empezaban sus inicios, y me extraña que no figure Pontevedra en los cursos que dais. Aunque esteemos gobernados por los bloqueiros en el Ayuntamiento, bien podiais tener una atención con los de Pontevedra.
    Gracias por la atención prestada.

  8. Montse di:

    Hola.¿ Xa están cubertos todo-los horarios para a tenda de Ferrol?

  9. amalia di:

    A provincia de Ourense non existe, parece. Bonita discriminación.