menú
obradoiro

Regalamos 13 entradas dobres para o Obradoiro – Baskonia

16/05/2018
Blog R

Acaba a tempada regular da ACB, e queremos despedir ao Obradoiro por todo o alto. De novo, fixo unha gran campaña e seguirá dándonos alegrías na elite del baloncesto español.

O mellor baloncesto

Como en R gústanos coidar a clientes como ti e ter detalles para premiar a túa confianza, queremos que vivas en directo este último partido. Por ese motivo regalamos 13 entradas dobres (oito delas nunha zona VIP, a pé de pista, e outras cinco na bancada) para gozar o xoves 24 de maio, ás 20:30 h, do encontro contra o Baskonia.

Ademais, tres dos gañadores terán a honra de ir co seu fillo, afillado, sobriño… a facer o corredor de entrada dos xogadores. Mola ou non?

Como participar?

Para participar tes que enviarnos un correo a quecheparece@mundo-r.net indicando un destes dous asuntos:

  • Obradoiro – Baskonia: se vas acompañado dun menor de entre 4 e 15 anos e queres que estea no corredor de benvida aos xogadores do Obradoiro.
  • Obradoiro – Baskonia: se simplemente queres gozar do encontro. E contarnos por que ten que ser para ti unha das entradas dobres para ir ver ao Obra?.

Lembra indicar os datos do titular do contrato con R, xa que é unha das premisas básicas para participar. Aquí tes as bases legais.

Tes ata o martes 22 de maio ás 10:00 horas para participar.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

4 comentarios

  1. Rafael Ramos Calviño di:

    Para despedir la temporada animando al Obra

  2. Maria Ramos Álvarez di:

    Me gustaría poder disfrutar del último partido de la temporadas del Obradorio.