menú
“O Son do Camiño-Perseidas”, vuelven los conciertos del Xacobeo 21-22

“O Son do Camiño-Perseidas”, volven os concertos do Xacobeo 21-22

11/06/2021
Blog R

Din que en Santiago sempre chove. E ese sambenito que a cidade leva cargando durante anos, esta vez é verdade. Porque este verán van chover estrelas no Monte do Gozo. As de O Son do Camiño-Perseidas” deste Xacobeo 21-22.

‘Nunca choveu que non escampara’

A cultura segue e os concertos volven ao Monte do Gozo. Dende R, como patrocinadores oficiais, non podemos estar máis contentos con esta aposta pola reactivación do sector cultural e o impulso aos artistas galegos.

E é que os concertos marcan a esencia de cada Xacobeo. E aínda que este ano a pandemia da COVID-19 impide realizar eventos multitudinarios, o ciclo “O Son do Camiño-Perseidas” supón o regreso aos espectáculos públicos con todas as garantías.

O Son do Camiño-Perseidas

18 artistas en 11 días

“O Son do Camiño-Perseidas” empeza o seu camiño o 14 de xullo e remátao o 8 de agosto. Polo escenario do Monte do Gozo pasarán artistas como Rozalén, Camilo, Andrés Suárez, Loquillo, Vetusta Morla, Ara Malikian, Beret, Estopa, Izal, Raphael, Melendi ou Xoel López.

O cartel complétase con Guadi Galego, Pablo Lesuit, Sabela, Furious Monkey House, David Rees e Maren.

Os concertos poderán gozarse sentados en grupos de 1, 2 ou 4 persoas en cada unha das zonas en que se dividiu o recinto e que levan o nome dos accesos a Santiago dende as rutas do Camiño: Trinidade, Camiño Francés, Faxeira, Algalia e Mazarelos.

O prato forte para 2022

Este Xacobeo 21-22 é o máis especial da historia, por todo o que supón. E, sobre todo, pola súa ampliación a dous anos.

2022 seguro que nos permite celebrar como se merece este Ano Santo. Entón volverá “O Son do Camiño” ao que estamos afeitos e que tivo que aprazarse este ano. E será a gran festa de Galicia.

A organización do Xacobeo 21-22 manterá boa parte dos cabezas de cartel que estaban previstos. Manteranse Bad Bunny, Daddy Yankee, The Chemical Brothers ou Liam Gallagher?

O que choveu dende aquel “Concierto de los Mil Años” de 1993

Os concertos multitudinarios do Xacobeo que coñecemos hoxe en día arrincaron no ano 1993. O encargado de inaugurar o Monte do Gozo non podía ser outro que o “Boss”. Bruce Springsteen toleou ao público aquel mes de maio. E repetiu visita a Compostela en 2009.

Dentro dese Xacobeo de 1993, outro macro evento fixo historia na Coruña: O “Concierto de los Mil Años”. Un abarrotado Estadio de Riazor recibía entre o 8 e o 10 de xullo a Sting, Bob Dylan, Neil Young, Robert Plant, Chris Isaak, George Benson, The Kinks, John Mayall, Eric Burdon, Bo Diddley, Wilson Pickett, Jerry Lee Lewis e Chuck Berry.

E iso foi o principio dunha longa listaxe de estrelas internacionais que fixeron historia en Galicia cada Xacobeo.

1999 foi o ano de The Rolling Stones; en 2004 actuaron Red Hot Chili Peppers, Chemical Brothers, Bob Dylan, The Cure, Iggy Pop, Muse ou Lou Reed.

E en 2010, o último Xacobeo ata hoxe, recibiamos a Arcade Fire, Muse, Jean Michel Jarre, Elvis Costello, Diana Krall ou Mark Knopfler. Tamén Damon Albarn na Coruña ou Leonard Cohen en Ourense.

E ti, estiveches nalgún daqueles históricos concertos do Xacobeo? Cóntanos nos comentarios.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.