menú
El mejor Xacobeo de la humanidad

O mellor Xacobeo da humanidade

14/05/2021
Blog R

Haberá concertos no Monte de Gozo?, como lle afecta a pandemia ao Camiño? Hai moitas preguntas sobre o Xacobeo 21-22 porque este Ano Santo será moi diferente aos anteriores e lembrarémolo, sen dúbida, pola súa singularidade.

Non só porque vai durar 730 días e porque pasaron máis desde dez anos dende a última cita xacobea, senón tamén porque ten un significado máis especial que nunca: “imos celebralo deixando atrás unha das situacións máis complicadas que viviu a humanidade nos últimos tempos”. Así nolo conta a organización do Xacobeo 21-22, que, ademais, nos deu detalles sobre como se xestiona un evento desta dimensión no contexto sanitario actual.

Como inflúe a ampliación do Ano Santo ata 2022?

Foi a mellor noticia que se podía recibir ao comezo de 2021. Ter un horizonte de dous anos para desenvolver o Xacobeo ante o contexto actual de limitación á mobilidade vai permitir programar as actividades de forma moito máis obxectiva a medida que se vaian producindo novas situacións de desescalada.

Cómo ayudan las nuevas tecnologías a la organización del Xacobeo

Como axudan as novas tecnoloxías á organización do Xacobeo?

Nestes momentos combínanse os actos presenciais cos virtuais, pero xa non se concibe unha presentación sen a parte dixital. Neste sentido, durante este ano longo de pandemia adquirimos unha grande experiencia que nos vai axudar a difundir os valores xacobeos entre os distintos públicos a través de contornas en rede.

Ademais, a web de reservas de albergues públicos creouse o pasado verán para facilitar o acceso das persoas a estes aloxamentos co menor contacto posible. Nestes poucos meses converteuse nunha ferramenta imprescindible para a xestión dos fluxos no Camiño, fóra xa dunha situación de pandemia. A nosa app (Android e iOS) e a incorporación doutros elementos tecnolóxicos, como a extensión do wifi a todos os aloxamentos da Xunta para peregrinos, están a axudar a mellorar a experiencia no Ruta Xacobea e a dixitalizar toda a súa contorna.

Cómo afecta al peregrino la pandemia

Como lle afecta ao peregrino a pandemia?

A limitación da mobilidade e as restricións en materia de reunións e horarios afectáronlle moito ao fenómeno das peregrinacións a Compostela ata o punto de que, nestes momentos, só os residentes en Galicia poden realizar o Camiño. Con todo, detéctase moita ilusión e moitas ganas de volver á Ruta Xacobea.

Confiamos en que, cando a situación o permita, o Camiño volva rexistrar os niveis de afluencia habituais, cunha maior progresión, tendo en conta a celebración do Xacobeo 2021-22.

E á actividade cultural?

Estamos a traballar nun programa flexible, que permita que nos adaptemos o mellor posible ás situacións que se vaian xerando derivadas da influencia da covid-19 e que presentaremos nun prazo breve de tempo.

Haberá concertos no Monte do Gozo?

Non cabe dúbida de que os festivais e concertos no Monte do Gozo son un dos mellores reclamos do Xacobeo. A pandemia obrigou a suspendelos, pero valoramos moi positivamente a súa recuperación, sempre que a situación o permita.

Dende R, como patrocinadores oficiais, unímonos a ese desexo. Porque co noso compromiso co Ano Santo, queremos agradecerlle a Galicia todo o que nos deu ao longo destes anos.

Agora cóntanos ti, a quen che gustaría ver en directo este Xacobeo 21-22?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.