menú
Nuestra aportación a iniciativas sociales durante la crisis sanitaria

A nosa achega a iniciativas sociais durante a crise sanitaria

07/05/2020
Blog R

Nestes momentos, o máis importante para R é a túa saúde e a da túa familia. Esperamos que vos atopedes ben. Xa queda menos e imos conseguir gañar esta batalla xuntos.

Mentres tanto, seguimos traballando e buscando cada día as mellores solucións para ti, facendo realidade o lema de “Tecnoloxía por e para as persoas”. Por iso, puxemos en marcha as seguintes iniciativas para facer máis fácil de levar o confinamento a todas as persoas nos seus fogares e ás que están hospitalizadas.

Colectivos vulnerables e persoas hospitalizadas

Tentamos poñer o noso gran de area para loitar contra a fenda dixital, facilitando o acceso de conectividade a colectivos vulnerables. Non nos esquecemos das persoas que lamentablemente se atopan nun hospital e tratamos de facerlles máis levadía a súa estancia. Esta foi nosa achega:

  • 200 tarxetas SIM de datos e wificlientes R gratuíto para dotar de conectividade nos seus fogares aos/ás alumnos/as de familias con menos recursos económicos para permitirlles seguir o resto do curso telematicamente. Unha iniciativa realizada en colaboración directa coa Xunta de Galicia (a través da Consellería de Educación e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia).
  • acceso gratuíto á nosa plataforma de televisión online tv comigo a todas as persoas hospitalizadas. Nos primeiros 15 días, máis de 1.000 persoas a activaron
  • iniciativas sociales durante la crisis sanitaria: tv comigo

Compromiso coa sociedade

Durante este período de confinamento, estivemos ao teu lado, escoitando as túas inquietudes, informándote nas nosas redes sociais e blog, enviando consellos para facerche máis levadíos estes días e recomendando sempre un uso racional e responsable da rede. E canalizámolo na web R.gal/euquedonacasa para que esteas sempre ao día.

Ademais, reforzamos as nosas plataformas de atención ao cliente e o soporte técnico a empresas para dar resposta ás necesidades de teletraballo das súas empregadas e empregados.

Se che toca traballar fóra ou non tes wifi, dámosche xigas extra nas liñas de móbil que necesites.

Máis contidos de lecer

Reforzamos os nosos contidos de televisión para que os días se che fagan máis levadíos.

Somos conscientes de que cada situación é diferente, e queremos serche útiles. Por iso, se necesitas algo especial, por inverosímil que che pareza, consúltanolo. Tentaremos darche unha solución canto antes ou buscar a mellor alternativa.

Aquí seguimos para escoitarte, máis preto e unidos que nunca. Xuntos conseguirémolo, ánimo! Estamos convencidos de que todo vai saír ben. Mentres tanto, cóidate.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

14 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Beatriz di:

    Teñí R desde hace muchos años, 90 canales y 4 K. Porque no puedo beneficiarme de la oferta de la tablet Lenovo, que sería para que mi hija pudiera seguir con clases online. Gracias

  2. Avatar Suso Precedo di:

    Esta moi ben e parabéns por elo, porén, non creedes que os clientes, que ao final son os que pagan todo eso, non merecemos ao menos un bo trato? Non falo de telo de balde, só conformome con que as cousas funcionen, que a WIFI non se corte cada 2×3, que a TV contigo funcione no navegador (e a pode ser en máis dun), imos ver canto tardades en que Google os aprobe o plugin que dicides que fai falla para funcionar en Chrome, que o desco da TV teña que reicinarse porque queda a imaxe en negro… E podo seguir, porén sirve para algo laiarse, se as queixas que poñemos para que arranxedes as cousas, as pechades sen darlle solución

  3. Avatar José Carlos Reyes Costa di:

    Bos dias, o servicio que temos contratado con vós suministra a un local comercial (bar) que permanece pechado dende o inicio do estado de alarma. Estades ofrecer algún tipo de facilidade para o noso caso?

  4. Avatar María di:

    Otro tema es la declaración del IRPF 2019, que también es (sobretodo) virtual debido a la pandemia.
    La cuota líquida autonómica tiene una “reducción” del 30% de los recibos pagados por tener internet en el hogar sin que sea para uso profesional, y a mí me gustaría que me mandasen el certificado porque no coincide con los 15 euros que me marcan en el borrador.
    De paso lo pongo para quien no lo sepa, pero puede que esté equivocada, cuidado.
    Después de 20 años me he cambiado de compañía en el 2020, pero necesito el certificado para el IRPF del 2019.
    Muchas gracias, espero que me remitan ese certificado.

  5. Avatar María di:

    Exactamente se llama “Por gastos dirigidos al uso de nuevas tecnologías en los hogares gallegos”.
    Entiendo que tienen mis datos; si no, pídanmelos en el correo electrónico que facilito.
    Gracias.

  6. Avatar María José Araujo di:

    Hola,a mi la wifi me funciona regular en casa,si estoy cerca del router va bien pero si me voy al otro lado de la casa se me pone el 4G y no me funciona nada,eso mismo me pasa en la calle,hoy fui al banco y no tenía conexión y no lo entiendo porque mi marido si.Un ssludo

  7. Avatar Marcos S. G. di:

    Estupendo el regalo de los 20GB en datos. Pero se estan consumiendo primero los GB contratados, asi que el bono no sirve de nada, por que si consumo primero mis GB, cuando caduque el bono (el 8 de junio, creo) me quedo sin datos. Normalmente (los bonos regalo por cuarentena, por ejemplo) se consume primero el bono, que tiene una duracion independiente del periodo de facturacion, asi, agotarlo, aun quedan los datos contratados. Es lo lógico. Tal como lo estais haciendo, consumo mis 6 GB el dia 30, por ejemplo,el 8 de junio me caducan los 30 dias de bono de 20GB, asi que me quedo sin datos del 8 al 22, que empieza el nuevo periodo de facturación. De la forma en que venian gastando los bonos regalo, consumo bono hasta el 8, y hasta el 22,queda la tarifa de datos. Este bono es un regalo envenenado. Menos mal que me avisó un amigo, que si no, menudo lio en que me metería. Revisad eso cuanto antes.
    Un saludo