menú

Netflix, dispoñible no deco 4K de R

08/05/2018
Blog R

Ola. Como sabes, a finais do ano pasado anunciámosche que teriamos Netflix durante o 2018.

Dende aquela fostes moitos os interesados en poder desfrutar deste servizo directamente dende o noso deco 4K. E, por fin, ese día chegou.

Estamos máis que compracidos de anunciarche que xa tes dispoñible Netflix na túa televisión R se tes un deco 4K.

Como acceder

Como seguramente xa comprobaches, o acceso é moi sinxelo, xa que na pantalla principal habilitouse un acceso directo para entrar a Netflix. Só tes que pulsalo e xa estás dentro.

Así de rápido e de sinxelo 😊

Netflix na televisión de R

 

Ver os contidos

Se xa tes unha conta creada en Netflix, só tes que poñer o teu usuario e contrasinal para desfrutar dos contidos da plataforma.

No caso de que non a teñas contratada, Netflix dáche un mes gratis de servizo para que o probes. A partir de aí, podes darte de baixa sen compromiso, no caso de que non che convenza. Ou contratar unha das tres opcións dispoñibles a día de hoxe:

  • Plan básico: 7,99€/mes. Podes acceder aos contidos en calidade SD dende a televisión R, a túa tablet, móbil, ordenador… Só tes un acceso simultáneo.
  • Plan estándar: 10,99€/mes. Podes acceder aos contidos en calidade HD dende a televisión R, a túa tablet, móbil, ordenador… Tes dous accesos simultáneos.
  • Plan premium: 13,99€/mes. Podes acceder aos contidos en calidade HD e 4K dende a televisión R, a túa tablet, móbil, ordenador… Tes catro accesos simultáneos.

O pago faise directamente a Netflix. Pero estamos traballando para ofrecer máis adiante a posibilidade de que o pagues na factura de R se che resulta máis cómodo.

narcos netflix

Películas, series e documentais

Unha vez que accedes a Netflix, tes acceso ilimitado a todo o seu catálogo de series, películas e documentais. Non te vas aburrir.

Como sabes, contan con series máis que coñecidas, como Stranger Things, Narcos, The Crown, Black Mirror… Producións propias en español como Paquita Salas ou Las chicas del cable. E tamén podes ver series doutras plataformas que están a arrasar a nivel internacional, como La casa de papel, a serie non inglesa máis vista na historia da plataforma.

Soporte

Para calquera cousa relacionada co servizo de Netflix, podes falar directamente con eles no teléfono 900 866 616. Está dispoñible de 10.00 a 22.00h.

E tamén contan cun chat para calquera consulta sobre series, o método de pago, restablecer o contrasinal.

Tes toda a información en https://help.netflix.com/es-es

Agardamos que desfrutes moito de Netflix. Sabemos que era un servizo que nos demandabas e agora está en R 

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

59 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. eMe di:

    O plan premium e o estándar teñen o mesmo precio??

  2. Javier di:

    Hay un pequeño error, habéis puesto el mismo precio al plan Premium y al Standard.
    Yo esperaré a ver como lo organizáis con los combos, o posibles ofertas.

    • Hola, Javier.

      Muchas gracias por avisar. Lo acabo de actualizar 🙂

      En principio es una opción que el cliente tiene disponible si desea acceder a estos contenidos. Por eso creemos que la forma más sencilla para contratarlo sea directamente en el deco, que se puede dar de baja cuando se desee. No está previsto por eso que se incorpore en algún paquete.

      Un saludo.

  3. Victor di:

    Pequenas dúbidas.

    – ¿Tedes algunha información da mellora na calidade de imaxe e/ou son respecto a ver Netflix coma ata agora, dende unha smartTV a través da conexión habitual na casa?
    – ¿Vai haber mando de R co botón de Netflix?
    – ¿Vai a entrar Netflix a forma parte da vosa oferta comercial nalgún paquete ou oferta específica?
    – ¿Ides pedir/suxerir que inclúan na súa oferta contidos producidos, doblados ou subtitulados en galego?
    – ¿Vai haber interfaz de Netflix en galego facendo poble unificar o idioma do servizo co resto de servizo de R?

    Moitas grazas polo voso tempo.

    • Ola, Victor.

      Non entendo a que te refires sobre a mellor de calidade na imaxe/son con respecto ao de agora? Non tes boa calidade? Hai pouco un cliente comentaba que non podía ver en 4K os contidos e ao final cambiando o cable HDMI, que non tiña un adecuado, pode acceder sen problema.

      En canto ao mando, o acceso é a través do botón da casiña, onde xa vas directamente ás aplicacións.

      Por outra banda, non temos previsto meter o servizo en ningún paquete. Cremos que é máis sinxelo que o cliente contrate ou descontrate o servizo cando desexe. Máis sinxelo e máis cómodo.

      En canto a contidos en galego, non está previsto. Nin tampouco a interface na nosa lingua 🙁

      Un saúdo!

      • Victor di:

        O da imaxe. Creo que non me expliquei moi ben. Culpa miña.

        ¿Que gaña en termos de calidade de imaxe -ou son- alguén que xa tiña Netflix utilizando a conexión da súa casa, maila App xa existente previamente no seu reproductor ou TV?
        Ou sexa: ¿Distribuídes vós o sinal, garantides algún tipo de mellora no fluxo streaming, ou segue a ser unha simple app na que o cliente consume e depende da súa conexión persoal á rede?

        Ou o que é o mesmo: ¿integráchedes Netflix na vosa oferta ou simplemente arranxáchedes o da app?

        Porque se anunciara un acceso rápido, sen interrupcións, unha mellor experiencia, o do botón exclusivo no mando… Daba a impresión de ser un valor engadido. A min gustoume o anuncio.
        De feito creo lembrar unha nota de prensa que falaba de que se engadiría o contido de series e películas de Netlix á oferta de televisión de Euskaltel, o cal sí que sona a algo máis que arranxar o da app.

        E, sexa cal sexa a resposta, ¿Que gaña con isto un usuario que xa tiña Netflix en calquera das ducias de teles e de reproductores das principais marcas onde xa estaba dispoñible a app?

        O pregunto porque eu aínda non teño Desco 4K, sí teño a app de Netflix en varios dispositivos, e dase a casualidade de que estou dándolle voltas a un posible cambio na miña configuración do voso servizo.

        Por certo, co trato que fixéchedes, a ollos do consumidor, ¿Netflix consume ancho de banda da conexión contratada para a casa, ou só na xestión e navegación pola súa interfaz coma co Rebobina?

        E para acabar, aproveitando que andamos por aquí a liarvos, ¿algunha perspectiva de máis canles en 4K?
        É que Netflix, Youtube, Amazon Prime Video, Mitele, Atresplayer, Filmin, Mubi, RakutenTV, etc, xa as teño na tele, no repro, e varias nos dous. Se cambio de desco busco mellor calidade de imaxe nos contidos. Algo máis.l

        Moitas grazas de novo.

        • Ola, Victor.

          Netflix xa ten unha moi boa calidade de imaxe e son. Mesmo ten a opción 4K. Dende logo estivemos a traballar con eles para que a través da nosa rede, a experiencia co seu servizo sexa moi boa. Pero sería discriminatorio ofrecer máis calidade a través do noso deco. O que queremos é que calquera cliente de R, sexa dende o deco 4K, dende o seu portátil ou dende a súa smart TV acceda ao servizo do mellor xeito posible. Non hai calidades A ou B.

          Fixemos unha integración coa nosa televisión, para que o cliente teña acceso a unha plataforma de contidos recoñecida a nivel internacional. Pero esa calidade vana desfrutar todos os clientes.

          A integración pasa por moitos temas, entre eles que se alguén o desexa pode pagar directamente o servizo na nosa factura. Nós non gañamos nada co tema. Alguén poderá preguntar, pero ofrecedes outro prezo? Non, o prezo é o mesmo, porque o pon Netflix e os cartos van para eles. Pero o que queremos é adaptarnos ao consumo e ás esixencias dos clientes e dar todas as facilidades.

          Botón de acceso directo xa explicamos que si que hai, premendo no botón da casa do mando do deco 4K.

          Netflix loxicamente precisa dun acceso a internet, polo que precisa dun ancho de banda contratada. De feito, o deco 4K ten que ir conectado ao router de internet. É un requisito necesario. Como tamén Youtube e a outras aplicacións e servizos. En rebobina só se precisa conexión para sinalar o contido, porque a plataforma de rebobina está na nosa rede. Os contidos de Netflix están nos seus servidores, polo que hai que acceder a eles. E dende logo a calidade 4K require máis ancho de banda que os contidos en SD.

          En canto a máis canles 4K, coma sempre, con calquera novidade iremos informando. Pero dende logo a grella irá mellorando. Coma sempre, preferimos falar con feitos, como neste caso.

          Hai aplicacións que non nos aprobaron aínda o funcionamento no deco 4K, como é o caso de Amazon ou de HBO (esta si que se pode reproducir no móbil e lanzar ao deco), polo que ao final é ver pros ou contras. Non todos os clientes teñen smart TV, ou teñen unha que está desactualiza e nin poden acceder agora a Youtube, polo que nós garantimos un equipo que irá avanzando e se irá actualizando.

          Comentamos con calquera dúbida.

          Un saúdo!

          • Víctor di:

            Moitas grazas por una explicación tan completa, e por molestarvos en ser tan precisos. Tódalas dúbidas foron resoltas.

            Por certo, no tema das apps, tanto ca de Amazon coma ca de HBO, e con algunha máis, gañaríades adeptos, pero coma é ben coñecido o problema é que algunha/s coñecida/s marca de TVs está/están a telas en exclusiva nas contornas SmartTV, tanto en televisores coma en reproductores; non así noutros dispositivos.

            Iso nalgún caso pode supor unha dificultade, pero noutros, segundo a súa situación, en caso de ser legalmente posible, cando esa exclusividade non inclúa os descos, constitúe unha moi boa oportunidade para R, porque salvo facendo mirroring dalgún xeito case ninguén pode utilizalas. E o seu uso en masa nunca será facendo mirroring ou facendo cast.

            De feito, incluso no fútbol, a app de Bein Sports en 4K é exclusiva de Samsung e só nalgúns dos últimos modelos. Algunha app chegaron a desenrolala eles a condición de quedar con ela durante un tempo. É unha boa estratexia.

            Pero se nalgún intre tedes a posibilidade de engadir calquera destas tres, ou incluso a de Bein Sports sen ser en 4K, seguro que a xente volo agradecerá.

            Agora ben, coma consumidor, e cliente de R, agardo que non esquezades seguir a traballar nos contidos na vosa plataforma, fornecer o Rebobina, e mellorar os paquetes de canles, porque nalgún intre a medio plazo o de ter acceso as apps será xeralizado en calquera dispositivo. E xa non será unha diferencia.

            Gracias de novo pola precisa resposta ao de onte. Foi moi útil.

            Un saúdo.

          • Non, dende logo. O uso correcto e bo é sen facer mirroring dos contidos. Por iso traballamos para que o noso deco teña cantas máis opcións mellor. Dende logo para nós Netflix é un primeiro paso, pero non queremos quedarnos só niso. Non dependerá só da nosa boa vontade, claro está.

            A televisión avanza en varias frontes, e nós temos que avanzar e non limitarnos só ao noso. Temos que ter unha visión máis ampla, sen perder tampouco o que ti comentas, a mellora dos nosos contidos e da nosa oferta.

            Un saúdo!

  4. Sorienrot di:

    Yo creo que tenido Netflix desde los inicios desde hace un mes si no me equivoco. Puede que lo instalara de manera manual xd

  5. Alberto di:

    Hola,

    Y los que tenemos cuenta premium de Netflix y vuestro combo series pero el deco HD cómo hacemos para ver Netflix en la TV? Qué soluciones nos proporcionáis?

    Un saludo.

    • Hola, Alberto.

      Como indicamos en las condiciones de contratación, es necesario tener un paquete compatible con el deco 4K. Tendrías que pasar a alguna de estas opciones:

      – combo 200 o combo 350 con tv ocio
      – cualquier combo o combo SEN con tv ocio + nenos / tv ocio + cine
      – cualquier combo o combo SEN con tv festa / tv familia
      – cualquier combo o combo SEN con tv festa rachada / tv total

      Comentamos cualquier duda.

      Un saludo.

  6. Jorge di:

    Hace unos días me llegó una encuesta de R sobre deportes…se baraja la opción de tener fútbol, baloncesto y/o motor en breve en R?…

  7. Inma di:

    Ola!
    Ten pensado R incorporar tamén HBO?
    Saúdos!!

  8. Sofia Vence di:

    Yo lo tenía contratado y he tenido que dar de baja porque se para seguido al igual que el deco 4k cada vez que enciendo pone sin señal y me eternizo hasta conseguir ver algo en television

  9. Rosa di:

    Hola soy clienta R pero no tengo contratado Netflix. Como puedo hacer?

  10. Oscar di:

    Nos decos antigos tamén se poderá acceder?

  11. José luis di:

    Non me interesa. Menos cobrar e máis promocións. Para os xubilados e os a estamos con R dende un principio.

  12. Sergio di:

    Hace falta contratar con permanencia?aun no tengo el deco

  13. maria dolores cebral lópez di:

    como consigo el desco 4K

  14. Nieves Martínez costa di:

    Sólo estara disponible en el 2018?

  15. Nieves Martínez costa di:

    Se puede cambiar libremente el desco o tiene algún coste?

  16. Merche di:

    El problema es que no todos los usuarios tenemos acceso a un desco 4k..

  17. Sol di:

    Para min, sería moi importante conseguir que poidese ofrecer os partidos de Baloncesto, polo menos da ACB

  18. María di:

    Y, mientras, sigue sin estar en Rebobina ni la 2… 🙁

  19. Rebe di:

    Hola…llamarme tonta…pero como accedo ala pantalla principal???gracias!!!!

  20. Omara Cabaleiro di:

    Posibilidad de tv en mi domicilio

  21. david di:

    Por lo que he visto no se activa la opción de HDR desde vuestra APP de Netflix, en cambio usando la aplicación desde mi propio televisor si funciona. ¿No tenéis habilitada la función de HDR?

    • Hola, David.

      Para revisar el tema, necesito información sobre estos puntos:

      ¿La prueba la haces con el mismo usuario de Netflix?

      ¿El deco 4K está conectado a la misma TV con la que haces la prueba?

      ¿Cómo tienes la configuración del HDMI en el deco 4K?

      ¿Qué tipo de HDMi usas? Lo digo porque un cliente nos comentó en su día que el problema estaba en el cable HDMI: “Es que tenía un cable HDMI antiguo, fue cambiarlo y ya me aparece la opción de ultra hd 4k y hdr”. Es decir, que sí tenemos habilitada esa función.

      Un saludo.

  22. Ignacio di:

    La app aparentemente tiene buena pinta,una vez pruebo el contenido el framerate de la imagen del mismo va a saltos,24p para cine inexistente.Lo que ya me parece el colmo es que no aparezcan las opciones con los audios en 5.1 solo en estéreo,para los que usamos receptores multicanal AV para 5.1 es totalmente inviable,al final sigo usando la app de la propia tv que va algo más lenta ya que Panasonic no actualiza su smart tv desde hace mil al menos en mi modelo de televisión pero por lo menos puedo seleccionar los audios en 5.1