menú

nativos R en Santiago: consellos para pais como usan os nenos as novas tecnoloxías

27/11/2018
Blog R

Como nai, avó, titora ou padriño dun neno, de seguro que máis dunha vez te preguntaches se estará demasiado tempo no ordenador ou se ao entrar nas redes sociais o expoñemos a algún perigo. Por iso organizamos os charlas informativas gratuítas dirixidas á xeración que non naceu na era dixital: nativos R.

A próxima celebrarase o 14 de decembro en Santiago. Coma sempre, será impartida por un pedagogo especializado. Apúntate neste formulario.

En que consiste

Do que se trata é de coñecer cando os rapaces fan un bo uso de internet, das redes sociais e dos móbiles.

Os máis novos pasan horas diante de diferentes dispositivos e non son conscientes dos seus pros e dos seus contras. Nestas charlas terás a clave para saber como afrontar os retos que formulan as novas tecnoloxías no día a día do teu fillo.

Salón de actos Aula CeMIT

Se estás interesado, lembra que nativos R se celebra no salón de actos da Aula CeMIT de Santiago de Compostela, o 14 de decembro ás 18:00 h.

Pode apuntarse calquera que o desexe neste formulario, xa que a asistencia é libre e gratuíta. Recorda, 14 de decembro, ás 18:00h, no salón de actos da Aula CeMIT (rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n, San Lázaro).

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.