menú

Concellos con rede de fibra óptica de R

22/01/2019
Blog R

Levamos desde o ano 1998 cavando gavias, removendo terra e asfalto para chegar ao teu fogar, á túa tenda, bar, nave ou alí onde nos precises. Para poder ofrecerche os nosos servizos de internet.

Nesta entrada podes ver un repositorio de todos os núcleos nos que damos fibra en Galicia. Son xa 116 concellos nos que temos presenza coa nosa rede de fibra óptica.

Este ano 2019 vimos de chamar ás portas de Meaño, Ribadumia e Monterroso! Para saber se tes servizo de fibra de R no teu domicilio, establecemento ou sede, consulta a cobertura neste enlace.

A fibra óptica de R por núcleos

Se queres, tamén podes comprobar neste mapa os núcleos nos que xa temos depregada rede de fibra óptica neste momento en Galicia:

Concellos con fibra na Coruña

A Coruña, Abegondo, Ames, Ares, Arteixo, Arzúa, As Pontes, Bergondo, Betanzos, Boiro, Brión, Boqueixón, Cabanas, Camariñas, Cambre, Carballo, Carral, Cedeira, Cee, Cerceda, Corcubión, Culleredo, Curtis, Fene, Fisterra, A Laracha, Malpica, Melide, Miño, Mugardos, Muros, Narón, Neda, Negreira, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Sada, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Vimianzo e Ferrol.

Concellos con fibra en Lugo

Barreiros, Burela, Cervo, Chantada, Foz, Lourenzá, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Rábade, Ribadeo, Sarria, Vilalba, Viveiro e Xove.

Concellos con fibra en Pontevedra

Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, A Cañiza, Cuntis, A Estrada, Gondomar, O Grove, A Guarda, Lalín, Marín, Meaño, Moaña, Mos, Nigrán, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vigo, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Concellos con fibra en Ourense

Allariz, Barbadás, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ourense, A Pobra de Trives, Ribadavia, A Rúa, San Cibrao das Viñas, Verín e Xinzo de Limia.

internet-adsl-r

Alternativas para núcleos sen rede de fibra

Se aínda non chegamos á túa casa, temos alternativas para que poidas desfrutar de internet connosco mentres traballamos para achegarnos.

Podes contratar o noso servizo mambo, consiste nunha liña adsl que garante a velocidade máxima dispoñible na túa zona.

Tamén damos servizo de móbil en toda España con móbilR con tarifas 4G para todas as necesidades. Se só queres internet,  outra opción para ti poden ser as tarifas de datos para o móbil de ata 50GB que podes compartir con todos os dispositivos do fogar cun dispositivo MIFI.

Seguimos traballando para ampliar a nosa rede e chegar a todos os recunchos de Galicia aos que nos sexa posible. Agradecémosche enormemente a túa confianza, é grazas a ti que podemos seguir crecendo día a día.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

48 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Antonio Hermida di:

    Ola, ¿cando está previsto que chegue a fibra óptica ao concello de Cospeito?

  2. Manuel Tajes di:

    Bos días. Para Carnota sábese se vai chegar a fibra? Un saúdo

  3. Jose di:

    E se xa estades nunha vila a 100 metros da miña casa pero eu non teño covertura, non hai posibilidades de que sigades ampliando?

  4. Miguel di:

    Cando pensados cubrir todas as parroquias de Culleredo porque Culleredo non e solo donde esta o Ayuntamento

  5. Victor di:

    Ola, sábese si na parroquia de Noalla está previsto que chegue a fibra?

  6. José di:

    Hola buenas tardes:
    Por lo que yo tengo entendido, la fibra óptica llega hasta la entrada del edificio y desde la entrada, al piso va por un cable parecido o similar al de la televisión, es eso así???

    • Hola, José.

      La nuestra es la misma red que hay en países como Estados Unidos, Francia o Alemania. Es una red llamada FTTB, es decir, Fiber to the Building, o fibra hasta el edificio.

      Llevamos muy cerca la fibra del cliente y desde ahí un cable para el teléfono y otro coaxial para internet y la televisión. La velocidad que damos la garantizamos y al estar la fibra muy cerca del cliente no se pierde conexión.

      Comentamos con cualquier duda.

      Un saludo.

  7. Luis di:

    De los ayuntamientos que decís …en muchos de ellos en las calles principales. Y las diferencias de servicio y precio entre la fibra y ADSL….pues ya las sabéis vosotros.

    • Hola, Luis.

      Como indicamos en la información, se puede consultar la cobertura concreta en cada vivienda en el enlace que hemos puesto.

      Mínimo en cada ayuntamiento tenemos una cobertura de 500 viviendas y negocios. Es imposible por costes poner fibra en todas las casas, porque en viviendas alejadas en ocasiones el coste es de 50.000 euros, con lo que los números no dan.

      Pero a día de hoy estamos casi con fibra desplegada (con cobertura) en un millón de hogares y empresas, con lo que no solo estamos en las calles principales.

      Un saludo.

  8. Maria Jesús di:

    Hola, comentais que llega hasta Bergondo la fibra, yo vivo en lubre (Bergondo) u quisiera saber si llega aquí.

  9. Mª Carmen Escribano Aranda di:

    Es una aberración que en el Campo Parada Chapela CF tengán fibra óptica y que a un paso, es decir en el camiñoo do Gaio todos los habitantes, así como el Centro de Mayores Virgen del Rocio o en el Centro de Minusválidos psíquicos no lo tenga.

  10. Elena Cacheiro di:

    Ola,
    ¿cual e mellor o mambo ou tuwifi?
    Eu teño una casa pra o verán en Belesar Baiona e alí non chegades
    Gracias

  11. Suso Carleos di:

    En el mapa figura Porto do Son como red con fibra, pero actualmente ninguna calle tiene acceso a fibra según el consultador de cobertura del COMBO. ¿Cuando estará activo?

  12. dolores di:

    soy cliente de R , desde el principio en Vigo,soporte los comienzos regulares, en la actualidad,llevo varios años pidiendo otra linia para Nigran , avda playa AMERICA, y es imposible,tenemos R, unos cientos de metos a la derecha y igualmente a la izquierda,que pasa con el CENTRO.? ,no solo hay que colocar en zonas altamente rentables.Si tengo que cambiar de compañia suministradora, tambien lo hara en VIGO,y despues vendrian los reproches, de por que me marcho,.GRACIAS

    • Hola, dolores.

      En R hacemos las cosas como se haría en cualquier casa. No somos una gran multinacional con presencia en decenas de países. Los recursos que tenemos son limitados, con lo que intentamos sacarle el máximo rendimiento a la inversión. Es decir, si con 100.000€ podemos llegar a 100 casas, centramos allí el presupuesto. Más adelante intentaremos invertir en lugares más pequeños, pero la idea es mirar a cuántas personas podemos llegar con el dinero que tenemos.

      Si me pasas la dirección a quecheparece@mundo-r.net lo reviso.

      Un saludo.

  13. Jesus Exposito Vazquez di:

    Estoy muy contento con R. con el servicio y las soluciones que rápidas. Pero hay algo que no me tiene nada satisfecho yo voy mucho a Palas de Rei en Lugo y en la zona que tienen la casa mis padres no hay cobertura ,y no esta en un bosque ni detrás de una montaña que esta en un sitio alto. Haber si se puede hacer algo por que hay otras empresas que tienen mejor cobertura .gracis.

  14. Antonio di:

    Ola quisiera saber si esta previsto y en su caso se extediese la fibra, en el barrio del Conde en Arcade (Soutomaior).
    Gracias de antemano.

  15. Maria di:

    En Camelle camarinas cuando tendremos fibra??? Gracias

  16. LUCIA di:

    Vexo que aparece que no concello de sarria hai fibra óptica de R, creo que deberían facer unha aclaración. Diran dentro do casco urban e explicitamente no poligono , pero deixando sen ela a empresa e casas e zonas que hai no medio que pertencen a sarria e ahi no hai fibra ni futuro dela. Bueno si temos os cables que pasaron para levalo o polígono.

    Que facemos logo os que estamos no medio?

    • Ola, Lucía.

      En ningún concello temos cobertura total de fibra óptica, nin en Vigo, nin na Coruña.

      O que facemos é o que faría calquera cos ingresos que ten: intentar que rindan o máximo posible. Por iso imos de lugares que teñen máis xente e despois imos baixando cara a núcleos con menos habitantes. Do contrario non investiríamos con sentidiño.

      Imaxina que con 1 millón de euros chegamos a 1.000 persoas no centro do concello ou ben chegamos a 100 persoas en lugares dispersos. Todo o mundo faría o primeiro, ir con fibra ao primeiro núcleo. Nós facemos o mesmo: comezamos en 1999 tirando fibra nas grandes cidades e, dende aí, conforme tiñamos ingresos, fomos despregando fibra óptica a concellos máis pequenos. A día de hoxe temos cobertura en preto dun millón de fogares galegos. Non somos unha multinacional, non levamos dando servizo un século como un operador coñecido por todos, polo que imos facendo as cousas aos poucos, conforme nos permiten os nosos recursos.

      Un saúdo.

  17. Eva di:

    Ola, vivo en Redondela e alí tedes fibra, pero na parroquia de Cedeira inda non hai. Tedes provisión de ampliar polas parroquias?
    Antes tiven adsl con vós, pero non sei o motivo, ahora non podo ter nin ese servicio.
    Grazas por adiantado. Un saúdo.

  18. vanessa garcia di:

    Por favor, empezar a instalar por la zona de moeche y san saturnino, sólo hay movistar y algunos usuarios os preferimos a vosotros.Gracias

  19. Sira di:

    Quixera saber se xa tedes fibra na rua [COMENTARIO BORRADO POLO MODERADOR] fai 3 meses chamei e non tiñades

  20. FRANCISCO JOSE FERNANDEZ di:

    Teño un manbo adsl en Maceda, Movistar esta desplegando FTTH.
    Cando funcione o FTTH podio cambiar a man o FTTH?

  21. Jorge di:

    Y para cuando fibra e internet en casa en el ayuntamiento de As Neves? Somos un pueblo olvidado :'(

    • Hola, Jorge.

      A día de hoy hay 313 ayuntamientos en Galicia. Tenemos fibra en 116. Nos encantaría estar en todos con fibra óptica, pero la capacidad económica que tenemos es la que es. Hemos invertido ya 1.300 millones de euros y necesitaríamos, mínimo, otro tanto. Cada año destinamos parte de nuestros ingresos en llegar a más clientes, con lo que vamos creciendo de forma sostenible, “con sentidiño”, como decimos en R.

      Un saludo.

  22. ALBERTO LORENZO di:

    Hola, son un veciño de Camariñas interesado na contratación de fibra óptica R. Os vosos técnicos estiveron fai unhas semanas facendo as instalacións pertinentes de cableado da mesma na rúa onde vivo, e gustaríame saber cándo podería contratala, posto que non encontro información sobre fechas en ningún lado. Un cordial saúdo.

  23. Adrián di:

    Pois xa é put**da o caso dun amigo meu, que vivindo en Cances (Coruña), directamente enfronte da sede de R, non ten servizo de Internet… Pouco máis é tirar un cable dende aí.
    Polo demais, alégrome pola expansión.

    • Ola, Adrián.

      Realmente non é tirar un cable sen máis dende as instalacións. É facer a obra civil, porque o cableado adoita ir soterrado, e cada metro son uns 200 euros. E hai que instalar tamén nodos preto das vivendas, que teñen un custo duns 10.000 euros. Sempre botamos números, vemos o custo que tería para nós levar a fibra a cada vivenda e intentamos optimizar os cartos. Como faría cada un de nós na súa casa. Se con 100.000 euros podemos chegar a 100 vivendas, agardamos para máis adiante investir a mesma cantidade para chegar a 20 vivendas. Sempre fixemos desa maneira, “con sentidiño”, porque non somos unha multinacional e é importante que os cartos nos rendan 😉

      Un saúdo.