menú

Multiring: as chamadas soarán no teu fixo e no teu móbil

21/03/2017
Blog R

Ola. Hoxe queremos falarche do multiring, dun servizo pensado sobre todo para que negocios e profesionais non perdan ningunha das chamadas que reciben. Ou ben para calquera que queira estar sempre localizable, estea ou non na casa.

Con este servizo pódese asociar un número fixo e un número de móbilR, para que soen os dous, independentemente de a cal se chame.

Se aínda non o tedes moi claro, non te preocupes porque montamos un pequeno vídeo para intentar ilustrar un anaco isto do multiring:

Todo configurable na web

A diferenza doutros servizos que poden resultar semellantes, en móbilR non eliminamos o fixo. É dicir, outros operadores permiten que leves no teu móbil o número fixo e o móbil, pero non hai realmente un teléfono fixo. Nós si que mantemos as dúas liñas. É máis, isto pode resultarche moi interesante, porque xa sabemos que hai veces nas que ao longo do día falamos e falamos, e tamén collemos o terminal móbil para mirar o correo ou conectarnos a internet para buscar información. E as baterías non son eternas, polo que sen darnos conta podemos estar sen móbilR e quedar aínda xornada de traballo por diante.

Máis dun de seguro que pensa: “Gústame a idea de non ter que dar o meu número móbil. Que me chamen ao fixo e poder responder no móbilR se quero ou non ando pola oficina. Pero non me gusta tanto que iso pase todos os días da semana”. Non hai problema. Na web tes a opción de indicar como queres o servizo en cada momento. Así, cando chegue a fin de semana podes establecer que cando te chamen ao fixo soe unicamente o fixo. E así, no teu móbilR só chegarán as chamadas persoais (se nunca dás o teu número de móbil) ou daqueles que saibas que teñen o teu teléfono. Pero se noutra fin de semana tes algún tema importante de empresa e queres que cando che chamen ao fixo tamén soe o móbil, o sistema farao. Ti es o que manda.

Sempre dispoñible

Vamos, que agora non importa onde te atopes, se estás na oficina ou non, se tes á man o teu teléfono fixo ou o móbil porque, chamen a onde chamen, seguro que podes contestar a chamada e non perder ningunha oportunidade de negocio.

Se che xorde algunha dúbida sobre o servizo multiring, que custa 3,63€/mes (IVE incl.), podes mirar as preguntas e repostas que elaboramos, e se non, pois para iso estamos neste blog, para aclararche calquera cuestión.

Ademais, multiring é un servizo que incluímos agora de balde no teléfono R, pensando na xente maior que conta cun móbil pero sobre todo reciben chamadas a través do fixo e queren estar sempre localizables.

Un saúdo!

Etiquetas:
subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

16 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Laura di:

    E tendo 2 móviles en R en canto me sairia todo?

  2. Avatar balado monforte s.l di:

    Lo solicite hace tiempo es algo que me urge y todavía no lo han activado

  3. Avatar Dolores Méndez Alvarez di:

    Tengo ya multiring a partir de ahora será gratis? seran 3,63€ menos en la factura?

  4. Avatar ALA di:

    Buenas tardes

    Me parece una iniciativa estupenda: “incluímos sin coste ahora en teléfonoR, pensando en la gente mayor que dispone de un móvil pero sobre todo reciben llamadas a través del fijo”, pero muy MAL que al resto de esos mayores, que ya los tenéis “enganchados” les cobréis 3,63€/mes ,…, “muy solidarios”.

    Att.

  5. Avatar ELENA di:

    O sea qué ¿tengo que comprarme un terminal para que me salga gratuito?
    No me aclaro

  6. Avatar JOSE JAVIER di:

    HE VISTO ESTE SERVICIO DE R , HE INTENTADO ACTIVARLO PERO ME DICE QUE NO TENGO CONTRATADO DICHO SERVICIO DE MULTIRING , MI PREGUNTA ES ¿SI ES GRATIS PARA EL TIPO DE CONTRATO QUE TENGO CON R , O TENGO QUE PAGAR LOS 3,63€ MES ?
    ATENTAMENTE