menú

Monterroso, xa coa fibra óptica de R

05/12/2018
Blog R

O municipio de Monterroso, na provincia de Lugo, xa dispón de accesos ultrarrápidos a internet e pode desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.

En R vimos de rematar alí parte das tarefas de despregamento da rede de fibra óptica, que aproveitaron ao máximo as infraestruturas municipais da localidade. Arredor de 300 fogares e empresas deste concello lugués quedaron xa preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 350 megas e televisión dixital multicanle de R e serán preto de 1400 residencias particulares e negocios os que se poidan conectar á rede do operador galego cando se completen todos os traballos en Monterroso.

8 millóns de investimento e fondos europeos

Este e outros despregamentos na provincia de Lugo e Ourense forman parte dun dos proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que fomos adxudicatarios en 2016 para despregar FTTH (fibra ata o fogar) nas chamadas “zonas brancas”, é dicir, as que nunca dispuxeran de accesos de alta velocidade ata este momento.

Xunto co das provincias de Lugo e Ourense, conseguimos tamén a adxudicación doutros dous proxectos; un, para a provincia de Pontevedra e outro para a da Coruña. En total, os tres proxectos supoñen un investimento de preto de 8 millóns de euros, dos que 4,3 son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea, a través do Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación (PEBA-Plan Avanza) do Ministerio de Economía e Empresa. Nas provincias de Lugo e Ourense o investimento total supera os 785.000 euros, dos cales máis de 430.000 proceden dos fondos europeos.

servizos avanzados para máis de 30.000 novos fogares e empresas

Cando se completen os traballos de despregamento nas catro provincias galegas, arredor de 33.000 fogares e empresas destas “zonas brancas” formarán parte do millón longo de fogares e negocios que a día de hoxe están en disposición de recibir os servizos avanzados de R en Galicia. Entre eles, ademais dos accesos ultrarrápidos a internet con velocidade garantida está tamén o desco 4k da televisión dixital de R, pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira, Así mesmo, os clientes de R poderán aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a milleiros de puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. Todo isto e moito máis cunha atención ao cliente próxima, de calidade e sempre dende Galicia.

Fonte da imaxe: Concello de Monterroso

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.