menú
monologosR 20anosporaqui

monólogos R en Santiago de Compostela

26/11/2018
Blog R

Ola. Este ano, como sabes, regresan os monólogos R. Para nós é unha edición moi especial, xa que cumprimos 20 anos e, entre risas, repasaremos como foron estas dúas décadas. De aí o título de #20anosporaquí, que estará en Santiago de Compostela proximamente.

É un momento que queremos celebrar contigo. Por iso se trata de algo exclusivo para clientes de R. As entradas non están á venda e resérvanse na web por orde de petición.

Grandes monologuistas

Queremos que saias de monólogos R con dor de barriga. Que chores coa risa e que non pares de dicirlle aos teus coñecidos e amigos que o pasaches xenial. Por iso imos contar con dous cracks, con David Amor e con Oswaldo Digón. Ademais, os monólogos teñen detrás o traballo de Touriñán, polo que vai ser unha noite perfecta.

O espectáculo celebrarase o venres, 21 de decembro, ás 21.00h no Auditorio Afundación.

Reserva xa a túa entrada na web ou app antes de que se esgoten as entradas.

Outras datas

Despois de visitar Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo, Pontevedra e Santiago, monólogos R estará en Ourense o venres 11 de xaneiro, no Auditorio Municipal.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

1 comentario

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.