menú
Te llevamos los monólogos R a tu casa

Levamos os monólogos R á túa casa

16/03/2021
Blog R

Os monólogos R timbran á túa porta. Como o oes!! Pero non necesitas vestir de gala; queremos que esteas cómodo e rías a gargalladas, porque falta nos fai.

Non sabes canto nos gustaría verte no patio de butacas desfrutando do humor de Touriñán, pero a situación actual levounos a reinventar os monólogos R.

E é que xusto hai un ano aprazáronse os eventos presenciais; pero o espectáculo debe seguir. Por iso, nesta ocasión o humor chega directamente ao teu salón.

Ti pon a tele, R pon as risas

Xosé Antonio Touriñán vailles presentar en exclusiva aos clientes de R un espectáculo novo e diferente. Asegurámosche que te vas partir de risa.

Descúbreo o 31 de marzo ás 20:00 h no dial 117 da televisión R (canle invitada).

E despois poderás velo cantas veces queiras en bucle no rebobina da túa televisión R. Atoparalo na sección “Máis/entretemento”, e a partir do 6 de abril, directamente na portada de rebobina.

Touri é un clásico dos monólogos R, nos que nos acompañou en máis dunha ocasión. Coñecémolo xunto a Marcos Pereiro como a metade do dúo cómico “As Cantareiras de Ardebullo”, e dende aquel momento non parou de traballar en televisión, teatro e cine.

Esperámoste!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

69 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Rosa María Fernández Rodríguez di:

    Fantástico!!!!!! Xa nos tardaba. Por finnn!!!!!
    O Touriñán é do mellor! Encántame….
    Grazas.

  2. Gonzalo di:

    Levar se é posible á Farmacia de Plaza de San Roque, en Ponte do Porto, Camariñas.
    Ese día estarei aló.
    Gracias.

  3. Francisco Covelo di:

    Qué ganas de verlo de nuevo, y a falta de presencialidad….. Qué bien!! Gracias R

  4. Salvador di:

    É un bo momento para trocar os llantos polas risas.
    Grazas por esta iniciativa.

  5. Julián di:

    Eu cetrino si pido velo, xa que gustarme moito os deis monologos

  6. Bettina di:

    Ya solo me faltan las cervezas y patatillas jajaja

  7. Luis di:

    Eu solicitei o picoteo o mesmo dia que me mandaron o correo electronico da promoción, pero parece que non tiven sorte unha vez mais, levo de cliente de R desde que se puxo en Betanzos fai moitos anos e nunca tiven sorte cas promocions. Outra vez será

  8. Iria di:

    A alguien le ha llegado el pack? Yo lo solicité el día 12, unos 10 minutos después de recibir el mail, pero no me ha llegado nada…

  9. Iria di:

    No era un sorteo. Eran unidades de regalo limitadas a 5.000, que se asignarían por orden de solicitud y hasta fin de existencias… En 10 minutos 5.000 hicieron la solicitud? Ja!

  10. Loli di:

    Ola, eu solicitei o picoteo o día q me chegou o correo e me confirmastes que mo enviariades. Dende ese momento non tiven máis noticias. Xa están enviados os packs?? Grazas

  11. Beatriz di:

    No era sorteo, yo lo solicité el mismo día, me confirmasteis y no he vuelto a saber nada.
    A un amigo se lo comenté, lo pidió después de mi y ya lo ha recibido

  12. Luisa di:

    Pues a mi no me mandaron nada lo hice el primer día y hasta me salio para mirar el paquete por ser y no me llego nada de nada

  13. Sara di:

    Me inscribí pero no he recibido el picoteo y el monólogo es hoy…una estafa.

  14. Loli di:

    Ola, a min non me chegou o picoteo e xa estou vendo o monólogo. Non é que me importe moito porque o importante é o monólogo, pero non é moi formal pola vosa parte ofrecer un regalo que logo non chega. Desilusionada.

  15. Arantxa di:

    Chegaron as cervexas e as patacas. É un detalle Grazas.

  16. Angela di:

    Ola. Pois no meu desco a canle 117 non existe. E xa reiniciei. Creo que non son a única.

  17. SC di:

    Sois un timo. Ni puedo acceder al monólogo ni he recibido el pack de picoteo. Y eso que cuando me inscribí me llevó a la página del mensajero para hacer seguimiento del envío. Página a la que, por cierto, jamás después de la primera vez pude acceder…
    Lo dicho, lamentable.

    • blog R di:

      Hola.

      Siento que tengas esa opinión.

      Nuestra intención era tener un detalle con nuestros clientes.

      Entiendo el malestar ya que contabas con disfrutar del picoteo ofrecido.

      Estamos revisando los pedidos que no han sido entregados y confío que sean entregados lo antes posible.

      En cuanto a lo del acceso al ser una incorporación de un nuevo canal entiendo que ha fallado la resintonización del descodificador.

      Si sigues poder verlo contacta con uno de mis compañeros de soporte técnico para que te lo revisen.

      Lamento las molestias que te hayamos podido ocasionar.

      Un saludo.

  18. Jose di:

    No he conseguido verlo en el canal 117, no aparecía en el deco ni reiniciandolo.Dicen que estará en Rebobina a partir del día 6, aunque dan la opción de verlo ahora en la sección ” Mas/ Entretenimiento” pero no la localizo.

    • blog R di:

      Hola, Jose.

      El dial 117 es el canal invitado donde emitimos mensualmente el canal en promoción.

      En caso de que no aparezca en tu descodificador, es mejor que contactes con nuestro soporte técnico en el 1449, pulsando la opción 2.

      Actualmente aún no está disponible en rebobina, por ese motivo aun no figura en la sección.

      Un saludo.

  19. Pikachu di:

    Aquí no han llegado las cervezas que se comprometieron a enviar. Si el servicio de Marketing trata así a sus clientes ni se molesta en pedir disculpas, como hará con nuevos clientes.
    De nuevo, R está perdiendo calidad y los clientes que contratamos cuando empezaron, sentimos esta falta de esfuerzo por su parte hacia nosotros.

  20. JUAN NAVAJAS di:

    Hola . No he recibido el pack ni ningún enlace.

  21. José María di:

    Eu tampouco recibín o picoteo, e me tendes aquí esperando Seur como un parvo e na páxina de seguimento meto o DNI e nada de nada. Vaia fraude. Vaia decepción. O que parecía un detallado de R, converteuse nunha nova decepción con R

  22. francisco di:

    Hoxe ás 20:00 horas volven a botar o monólogo, non?
    Sigo a espera do pack 🙂