menú

Un percorrido polos mellores museos de Galicia

18/05/2022
Blog R

En Galicia temos máis de 70 museos. Contamos con museos de historia, tecnoloxía, arte, cultura… En definitiva, os museos galegos son variados e ofrécenche propostas diferentes para que aprendas e te divirtas.

Levámoste de ruta por algúns dos principais museos repartidos pola xeografía galega. Toma nota.

Museos galegos para coñecer a nosa historia

Para coñecer Galicia, a nosa historia e personaxes máis ilustres, non deixes de achegarte ao Museo do Pobo Galego, con que R colabora dende hai anos. Un edificio monumental con exposicións e unha biblioteca especializada que ten documentos sobre historia, arte, medio natural, ciencia e pensamento.

E algo moi noso é tamén o Camiño de Santiago. O Museo das Peregrinacións ensínanos unha ampla visión do seu nacemento e evolución ata converterse no referente mundial que a día de hoxe coñecemos.

Así mesmo, na cidade compostelá atopamos a Cidade da Cultura de Galicia. Na cima do monte Gaiás está este singular edificio composto por diferentes espazos dedicados ao coñecemento e á creatividade que acolle exposicións, conferencias ou concertos.

Aprende usos e costumes nos museos de Galicia

Aos galegos gústanos comer e beber ben e reunimos parte dese saber facer en varios museos. En dúas das zonas máis vinícolas de Galicia atópanse o Museo del Vino de Galicia, en Ribadavia, e o Museo Etnográfico e do Viño, con sede en Cambados.

Se es máis de cervexa, visita obrigada ao Museo Estrella Galicia MEGA. Un lugar único que tamén é fábrica e lugar de concertos. Que mellor que axuntar aprendizaxe cunha boa cervexa ou gozar dun momento de lecer.

Mirando ao mar nos nosos museos galegos

Galicia tamén é terra de mar e contamos con varios museos nos que descubrir os seus segredos e a súa historia, sempre tan ligada á nosa terra: Museo Mares de Cedeira, Museo do Mar de Laxe e Museo do Mar de Galicia, en Vigo.

Porque a vida no mar e a pesca son acenos de identidade galegas. No Barco-Museo Bonitero ‘Reina del Carmen’ podes revivir como se vivía e traballaba a bordo dun barco boniteiro dos anos 60.

Tecnoloxía e ciencia nos mellores museos de Galicia

Da nosa tradición á actualidade, en plena era dixital. Un bo lugar para coñecer aqueles aparellos tecnolóxicos, vehículos de transporte e ferramentas industriais que guiaron a nosa transformación ata hoxe é o Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT), na Coruña.

Na mesma cidade atópanse os chamados Museos Científicos Coruñeses: a Casa das Ciencias, a Domus-Casa do Home e o Aquarium Finisterrae.

A Casa das Ciencias dispón de experiencias en física ou astronomía, ten un planetario e no oco da súa escaleira central oscila un péndulo de Foucault.

A Domus foi o primeiro museo interactivo do mundo dedicado integramente ao ser humano.

O Aquarium Finisterrae está dedicado á educación ambiental e á divulgación científica de temas mariños.

Unha mirada á arte máis actual nos museos galegos

Es dos que prefire a arte moderna? De norte a sur de Galicia, un percorrido polas creacións e os/as artistas máis vangardistas no Museo Gallego de Arte Contemporáneo ‘Carlos Maside’ de Sada, la Fundación Granell e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), ambos en Santiago de Compostela, ou o Museo de Arte Contemporánea de Vigo.

Entre os museos máis curiosos da nosa terra, temos o Museo Gallego del Juguete, en Allariz, con case 1.500 pezas representativas dos xoguetes do século XX.

E, para acabar cun sorriso, propoñémosche unha visita ao Museo del Humor de Fene, que mostra arredor de 300 orixinais de humoristas gráficos, con especial atención a quen é o seu principal impulsor, o debuxante galego Xaquín Marín.

Ademais, museos arqueolóxicos, navais, pedagóxicos… Achégaste a algúns dos moitos museos que temos en Galicia e cóntasnos cal é o teu favorito?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.