menú

Meaño xa ten conexión á fibra óptica de R

18/01/2019
Blog R

O municipio de Meaño xa dispón de accesos ultrarrápidos a internet e pode desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R, que en semanas anteriores chegaron tamén, con este plan, aos municipios pontevedreses de Cuntis e Ribadumia.

En R vimos de rematar en Meaño parte das tarefas de despregamento da rede de fibra óptica, que aproveitaron ao máximo as infraestruturas municipais da localidade. Arredor de 260 fogares e empresas dos núcleos de Seixiños e Ponte Dena quedaron xa preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 350 megas e televisión dixital multicanle de R e serán preto de 500 residencias particulares e negocios os que se poidan conectar á rede do operador galego cando se completen todos os traballos no municipio pontevedrés.

8 millóns de investimento e fondos europeos

Este e outros despregamentos na provincia de Lugo e Ourense forman parte dun dos proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que fomos adxudicatarios en 2016 para despregar FTTH (fibra ata o fogar) nas chamadas “zonas brancas”, é dicir, as que nunca dispuxeran de accesos de alta velocidade ata este momento.

Xunto co das provincias de Lugo e Ourense, conseguimos tamén a adxudicación doutros dous proxectos; un, para a provincia de Pontevedra e outro para a da Coruña. En total, os tres proxectos supoñen un investimento de preto de 8 millóns de euros, dos que 4,3 son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea, a través do Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación (PEBA-Plan Avanza) do Ministerio de Economía e Empresa. Nas provincias de Lugo e Ourense o investimento total supera os 785.000 euros, dos cales máis de 430.000 proceden dos fondos europeos.

servizos avanzados para máis de 30.000 novos fogares e empresas

Cando se completen os traballos de despregamento nas catro provincias galegas, arredor de 33.000 fogares e empresas destas “zonas brancas” formarán parte do millón longo de fogares e negocios que a día de hoxe están en disposición de recibir os servizos avanzados de R en Galicia. Entre eles, ademais dos accesos ultrarrápidos a internet con velocidade garantida está tamén o desco 4k da televisión dixital de R, pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira, Así mesmo, os clientes de R poderán aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a milleiros de puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. Todo isto e moito máis cunha atención ao cliente próxima, de calidade e sempre dende Galicia.

Fonte da imaxe: concellodemeano.com

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

18 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Xurxo di:

    La verdad que leo esta noticia y me llevo una tremenda sorpresa al leer ” internet de hasta 350 megas simetricos” me alegro por los futuros cliente de Meaño y yo me pregunto para cuando esta simetria para los que ya somos clientes desde hace años , se agradece el aumento de velocidad pero no tenemos simetria !!!!!!

    • Hola, Xurxo.

      Lo que hacemos es trabajar en dos líneas. Por un lado, en los nuevos despliegues ya ponemos una red que permite la simetría.

      Y por otro lado, en paralelo, trabajamos en mejorar la red ya implantada, para darle más velocidad de subida y de bajada. Estamos actualizando ahora a docsis 3.1, por lo que en breve os esperamos contar novedades sobre las conexiones de descarga y subida.

      Un saludo.

  2. Avatar Damián di:

    Boas!

    ¿Na parroquia de Dena na Rúa Santa Lucía tamén vai chegar a fibra?

    Un saúdo.

  3. Avatar Tareixa di:

    E na zona de Vilagarcía de Arousa e aredores pa cando ese cambio?
    Somos clientes de terceira? Pois pagamos relixiosomante as nosas facturas incluso nalgunha algunha chamada non realizada.
    Agradecería saber a data. Bos días!

    • Ola, Tareixa.

      Como podes comprobar, continuamos despregando rede. A idea é chegar a 70.000 novos fogares e empresas este ano coa nosa rede de fibra.

      Oxalá tivesemos 1.300 millóns de euros para chegar a toda Galicia de súpeto, pero non os temos. Así que o que facemos é ir primeiro a lugares con maior poboación e de aí imos baixando a núcleos máis pequenos. O que buscamos é chegar a canta máis xente co presupusto que temos. Por iso comezamos en grandes cidades e agora xa estamos en lugares como Meaño ou Ribadumia.

      Se me pasas o teu enderezo concreto a quecheparece@mundo-r.net miro se chegamos este ano.

      Un saúdo.

      • Avatar Tareixa di:

        Entendo pola túa reposta que comenzades polas capitales de provincia e ciudades con núcleos de poboación grandes, porque non me podés decir a mín que Meaño e Ribadumía (6.000 habitantes aprox. cada unha) sexan grandes cidades equiparables a Vilagarcía de Arousa que ten preto dos 38.000 habitantes aprox.?
        Non quero ser mal pensada e que todo ese traballo e por onde estades a facer melloras teña ver ca política e a cor do partido que goberne cada núcleo poboación; pero chéirame que vai ser eso. Bueno tamén e que son moi mal pensada case sempre.
        Bo día. Un saúdo.

        P.D.: Pido disculpas a os cidadáns de Ribadumía e Meaño si nalgún momento sentíronse molestos, non era esa a miña intención. Alédome que vos estean chegando as melloras

        • Ola, Tareixa.

          En Vilagarcía de feito xa temos rede. Dispoñemos de fibra óptica no centro e nas zonas de Trabanca Sardiñeira, Sobradelo, A Rosaleda, Carril e Vilaxoán.

          É máis, en Vilagarcía levamos moitos anos coa fibra. Quere dicir isto que imos chegar con fibra a todas e cada unha das casas de Vilagarcía? Non, como tampouco chegamos con fibra a todas e cada unha das casas de Vigo ou da Coruña. Estamos en 116 concellos galegos, co cal a cor política é un tema que en R nunca miramos.

          O único criterio, como indico, é o económico, o custo que supón despregar rede. Se na zona onde vives ti hai 3 casas e nos custa levar rede 100.000€ e en Meaño con ese gasto chegamos a 100 vivendas, o que facemos é levar a fibra a ese núcleo concreto. Trátase de optimizar o presuposto, como fai calquera persoa na súa casa.

          En todo caso, como indicaba antes, se me escribes a quecheparece@mundo-r.net o teu enderezo concreto, míroo.

          Un saúdo.

  4. Avatar Santi di:

    Fai gracia que poñades foto de Meaño cando instalachedes a Fibra en Dena. Nun trozo de Dena porque os demais seguimos esperando a que veñades acabar!

  5. Avatar Mari luz prieto di:

    Hola en Poyo cuando tendrá fibraoctica.por la calle camiño Real do Casal por que los vecinos la quieren en expecial yo.. Donde esta el Xulgado de paz

  6. Avatar Santiago di:

    Qyeria saber cando chega ou dande alta a fibra optica en dena

  7. Avatar Santiago di:

    Fibra optica en dena meaño sempre nos din que non esta dada de alta