
Así convertes en universal o mando do deco 4K de R
Sabías que o mando do deco 4K de R é universal? É unha función moi útil que podes configurar ti mesmo na casa e que che permite usar un só mando para acender e apagar, por exemplo, o deco e o televisor. Tes dúas formas de configuralo, bótalles un ollo e elixe a que che resulte máis cómoda.
Nós imos explicarcho paso a paso neste minitutorial.
Utiliza o mando 4K para facelo universal
Para activar a función universal do mando do deco 4K de R, podes facelo directamente dende o propio mando.
Estas son as teclas que debes pulsar na orde que verás deseguido:
- Presiona durante tres segundos o botón de R e espera ata que pestanexe dúas veces a luz superior de cor laranxa do mando.
- Introduce o código correspondente ao fabricante do teu televisor e a luz superior pestanexará dúas veces, esta vez en cor verde.
Procura aquí o código do teu televisor:
0010 LG
0011 Samsung
0012 Sony
0013 Philips
0014 Panasonic
0015 Toshiba
0016 Nevir
0017 Hisense
0018 Bluesens
0019 Airis
0020 Blaupunkt
0021 Sanyo
0022 Sharp
0023 Grunding
0024 Hitachi
0029 Outras marcas
- Apaga o televisor pulsando no mando o botón superior de “standby”. E, despois, presiona a tecla “OK” para que se garde a túa configuración. A luz superior do mando pestanexará en cor verde dúas veces e así saberás que seguiches todos os pasos á perfección. Agora, o teu mando 4K funciona como mando universal.
- Desconecta sen fíos o deco, se están vinculados (sairache unha luz laranxa no mando).
- Deixa o deco aceso, no caso de que mando e deco non estean vinculados (a luz do mando será de cor vermella).
Utiliza o móbil para configurar o mando 4K universal
Podes descargar unha app no móbil para facer que o teu mando do deco 4K de R sexa universal.
Antes de chegar a ese paso, debes comprobar primeiro se o mando 4K e o deco están vinculados por bluetooth.
Mando e deco 4K vinculados por bluetooth:
Colle o mando do deco 4K e presiona a tecla “ver tv”. A continuación, selecciona o menú “bluetooth” e verás un botón “vincular mando”. Así o mando e o deco estarán comunicados.
Á hora de configurar o mando universal, debes ter en conta:
Instala a app Ruwido infrared no teu teléfono móbil:
Abre a tenda de aplicacións do teu móbil e descarga a app Ruwido infrared para Android e iOS
Despois de instalala, ve aos axustes do teu teléfono para activar o bluetooth.
Ao acceder á app, terás que seguir os pasos e presionar o botón “OK” do mando para poder seguir coa configuración.
A continuación, a aplicación mostrarache unha lista cos fabricantes de televisores máis comúns. Selecciona a marca do teu televisor.
Para finalizar a configuración, debes confirmar que estás de acordo en que o mando 4K vaia controlar o televisor. Para facelo, presiona a opción “done” ou “feito”, en castelán. O mando verificará que a función universal xa está activada cun dobre pestanexo da luz superior en cor verde.
A partir de agora, controlas televisor e deco dende o mesmo mando.
Se ves que che atrancas nalgún punto, ponte en contacto connosco e axudarémosche coa configuración.