menú
mamacabra

“Mamá Cabra” visita Ribadeo con R

14/11/2017
Blog R

Como sabes, en R gústanos agradecerlles aos nosos clientes a súa confianza, e desta volta, o agradecemento vai dirixido aos que ti máis queres: os pequenos da casa.

Os teus cativos poderán desfrutar do espectáculo musical do grupo galego “Mamá Cabra” no que poderán participar, desenvolver as súas capacidades psicomotrices e os movementos coordinados a través do ‘bailSuse’ e adquirir novos hábitos saudables.

17 de novembro

A primeira parada do espectáculo de “Mamá Cabra” será en Ribadeo o vindeiro venres 17 de novembro, no Auditorio Municipal ás 19:00 horas.

Durante máis dunha hora pequenos e maiores moveranse a ritmo de pop, rock e funk.

Convites

Por seres cliente de R podes desfrutar deste espectáculo de balde: ata tres convites dispoñibles por cliente.

Só tes que achegarte, co teu DNI, á tenda R de Ribadeo, na rúa Galicia, 28.

Bule! As entradas son limitadas e gratuítas.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios