menú
mamacabra

Desfruta gratis de Mamá Cabra no Porriño grazas a R

14/11/2017
Blog R

Como sabes, en R gústanos agradecerlles aos nosos clientes a súa confianza, e desta volta, o agradecemento vai dirixido aos que ti máis queres: os pequenos da casa.

Os teus cativos poderán desfrutar do espectáculo musical do grupo galego “Mamá Cabra” no que poderán participar, desenvolver as súas capacidades psicomotrices e os movementos coordinados a través do ‘bailSuse’ e adquirir novos hábitos saudables.

18 de novembro

A primeira parada do espectáculo de “Mamá Cabra” será no Porriño o vindeiro sábado 18 de novembro, no Círculo Recreativo Cultural ás 19:00 horas.

Durante máis dunha hora pequenos e maiores moveranse a ritmo de pop, rock e funk.

Convites

Por seres cliente de R podes desfrutar deste espectáculo de balde: ata tres convites dispoñibles por cliente.

Só tes que achegarte, co teu DNI, á tenda R do Porriño, na rúa Antonio Palacios, 46.

Bule! As entradas son limitadas e gratuítas.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

4 comentarios

  1. jose vicente vilaboy saa di:

    Algunha actuación destacada por Ferrol?

  2. Ángel di:

    Sábado 17? Supoño que e un erro, xa que 17 e venres, e sábado 18!