menú
¿Te acuerdas de las primeras redes sociales?

Lembras as primeiras redes sociais?

15/05/2020
Blog R

Celebramos o Día de Internet, ese grande invento. A Wikipedia remonta as súas orixes a 1969 e data en 1990 o nacemento da www. E cando xurdiron as redes sociais? Pois hai nada menos que 20 aniños. Como cambiaron as cousas! Antes “chateábamos” por Messenger e non por WhatsApp e subiamos as nosas mellores fotos a Fotolog e non a Instagram. Que recordos gardas daquelas primeiras redes sociais? Rescatamos algunhas do baúl dos recordos. Acompáñanos nesta viaxe ao pasado!

Fotolog

En 2002 pelexabas coas equivalencias entre euros e as antigas pesetas mentres na túa habitación creábaste unha conta en Fotolog. Naquel ano había uns 569 millóns de internautas e o navegador por excelencia era Explorer.

O funcionamento de Fotolog era sinxelo, subías unha foto ao día e recibías comentarios. Este ‘puntazo’ é o que xeraba comunidade, de aí que llaconsidere unha das primeiras redes sociais. Oíches?, e que ilusión cando che comentaban!

Chegou a ter 18 millóns de contas, que tras o seu peche en 2016 caeron no esquecemento. Aínda que non de todo, porque a nostalxia fixo volver a Fotolog en 2018, pero en versión app.

Versión vintage de Instagram.
¿Te acuerdas de las primeras redes sociales? Fotolog

MySpace

Un ano despois de Fotolog, o concepto de rede social afianzábase co nacemento de MySpace en 2003. Podías agregar os teus amigos e estar ao día das novidades musicais dos teus grupos favoritos. Durante 2005 e 2008 era o máis, chegando a ter máis de 230 millóns de usuarios en 2008. E de aí ao precipicio, porque Facebook comeuse o mercado do social. Pero ollo que resiste, MySpace segue en funcionamento.

Hoxe temos: Spotify, Youtube o Soundcloud.
¿Te acuerdas de las primeras redes sociales? MySpace

Messenger

En 1999 cando as comunicacións eran máis ben limitadas, MSN Messenger de Microsoft converteuse para moitos nunha xanela ao mundo. A mensaxería instantánea permitíache falar cos amigos, intercambiar arquivos, xogar e ligar. Cantas parellas se coñeceron por Messenger!

Para chatear ás toas necesitabas unha conta de correo de Hotmail e un nickname ou alias. Si, nacía un concepto que nos deu para moitas horas de risas. E o que custaba atopar un orixinal e con moitos emoticonos.

En 2007 cambiou de nome por Windows Live Messenger, en 2009 alcanzou a súa maior cota de mercado, superando os 330 millóns de usuarios activos, e en 2013 desaparecía para ser substituído por Skype.

Foi o xerme de WhatsApp o Skype.

Tuenti

Rede social nada en España en 2006 e que fixo fronte ao mesmísimo Facebook. Tuenti chegou a superar os 15 millóns de usuarios. Estaba enfocada a un público adolescente, que o prefería a Facebook para non atoparse cos seus pais nas redes sociais.

Ao principio necesitabas que che enviasen unha invitación para entrar, pero desde 2011 calquera podía acceder a compartir fotos e vídeos, chatear, etc.

Cando estaba na crista da onda, en 2010, empezou a perder fol e escribir o seu final como rede social.

Versión española de Facebook.

Vine

Xurdiu en 2013 e logo foi comprada por Twitter. A idea era crear vídeos moi curtiños, duns 6 segundos, que se reproducían en bucle. Todo un reto! De aí saíron pezas moi virais e con moita broma. En 2015 alcanzaba os 200 millóns de usuarios activos mensuais. En 2016 pechaba a opción de subir vídeos, pero si permitía descargalos, ata que botou a persiana completamente en 2017. Youtube, Instagram, Snapchat e Periscope foron os que levaron este anaco do pastel.

Foi un primeiro Periscope.

Nós estamos en redes sociais para ti, para contarche esta e outras historias. Cóntanos ti: eras máis de Tuenti, fuches dos que se creou conta en Fotolog…? Estamos a desexar escoitar as túas anécdotas daquela época.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

1 comentario

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. post sin tecnicismos y fácil lectura, así da gusto leet,
    gracias admin.