
Internet rural en Galicia: velocidade, cobertura e como contratar
O futuro do rural e das nosas aldeas pasa por conectalas a internet de alta velocidade. E non importa se a fibra óptica non chega a todos os recunchos de Galicia, xa que en R temos a mellor oferta para conectar a túa leira ou casa da aldea a internet. E, ademais pódeslle engadir tarifas de móbil con xigas ilimitados de R.
Porque nos importa que a conectividade non sexa un problema se queres volver ao rural a teletraballar.
A oferta máis completa e rápida da internet rural en Galicia
Estarasche a preguntar como conseguimos levar internet de alta velocidade ás zonas rurais de Galicia onde non chega a fibra. Pois con este foguete que é o mambo axiña: ata 150 Mb con router wifi 6 e que che dá todo isto:
- Velocidade de ata 150 Mb: multiplica as velocidades actuais de ADSL, que non pasan de 5 Mb. Ollo, porque a velocidade depende da cobertura. Iso si, a velocidade media que están a gozar agora mesmo os nosos clientes é de 102 Mbps.
- Conexión de máis de 32 dispositivos á vez: agora podes teletraballar e de forma simultánea conectar todo tipo de aparellos a internet, dende os móbiles ata consolas, pasando polo robot de cociña.
- Cobertura wifi en toda a túa casa: o noso router wifi 6 de última xeración conta con conectividade 5G para que sempre navegues a máxima velocidade.
- Gaming sen retardo: mellora a túa experiencia de xogo en liña grazas a unha latencia brutalmente baixa. Para que te fagas unha idea, o lag que poidas ter é o mesmo que o dunha conexión de fibra óptica.
Completa a túa oferta da internet rural con tarifas de móbil
Non por vivir no campo tes que renunciar a ter un paquete pechado de internet e liñas de móbil. Co internet rural de R tes as mesmas vantaxes que os nosos clientes de fibra.
É dicir, que podes engadir unha ou máis liñas de móbil con xigas ilimitados para non quedar nunca sen datos, aínda que esteas no medio do monte.
Contrata agora internet rural e móbil con R
Para empezar a gozar da internet de alta velocidade nunha zona rural onde non chega a fibra só tes que chamarnos ou entrar na nosa web e contratar internet rural; ou sexa, o mambo axiña do que che falabamos antes.
E non tes que facer nada máis. Nós encargámonos de enviarche o equipo á túa casa en 24 horas, para que recibas o router wifi 6 ao día seguinte de contratar o servizo e empeces a navegar canto antes.
Enviámoscho, enchúfalo e listo. En menos de 3 minutos, e sen necesidade dun instalador, pódelo poñer ti mesmo en marcha seguindo esta guía.
Porque esa é outra das vantaxes do noso internet rural, que é moi fácil de instalar. Evitas cables, porque simplemente colocas o router no sitio da casa que ti queiras.
Internet rural en toda Galicia
Xa ves que é moi fácil e moi rápido contratar internet rural de R en Galicia.
Unha conexión de calidade, a que che ofrece o mambo axiña, que por fin chega a máis de 140.000 fogares galegos repartidos ao longo de case 50 municipios.
Galicia merecíase este internet rural. Ti merecías esta conexión, vivas onde vivas.
Esperamos que o goces e estaremos atentos por aquí por se tes algunha dúbida. Podes deixar a túa pregunta na caixa de comentarios.
6 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
se puede utilizar en cualquier lugar de españa?
o va asociado a una direccion en concreto a donde se solicite
aun teniendo cobertura de fibra(no propia de r cable),es posible contratarlo?
Hola, Rodrigo.
La contratación del servicio solo es posible realizarla en Galicia.
En nuestra web: http://i.r.gal/mamboaxina tienes disponible toda la información al respecto.
Un saludo.
bos dias de novo,
non me quedou clara a resposta
entendo que para contratar,hay que poñer unha direccion donde non chegue a fibra optica e haxa cobertura 5G (e correcto?)
si despois quero utilizar o servicio noutras direccions(solo necesito un enchufe e cobertura,que pode ser muy variable{hasta aqui,teño claro;que unhas veces ira mellor ca outras,dependendo da cobertura,saturacion,etc,etc)
a duda que teño e si r vaime bloquear o acceso a internet fora da direccion para a que o contratei inicialmente ou teño libertade para utilizalo en calquer punto de españa(dependendo sempre da cobertura,que eso teño muy claro)
grazas
Boas, Rodrigo.
Efectivamente, o servizo debe contratarse nun enderezo no que non hai fibra óptica e no que dispoñemos de cobertura 5G, de este xeito podemos estar seguros do correcto funcionamento. Posteriormente o cliente poderá utilizalo noutros lugares se o desexa, non vai haber ningún bloqueo, pero sempre debe ter en conta que a calidade da conexión vai depender da cobertura dispoñible nas zonas polas que se mova.
Un saúdo.
gracias pola resposta(ademais,era o que espera que responderades)
por outra parte,o enlace que tedes a facebook ou twitter,nom e correcto(saleme unha persona física do extranxeiro)
podes enviarme o link o perfil en twitter e Facebook?
grazas
Ola, Amelia.
Veño e comprobar os enlaces que figuran na páxina da publicación e a min si que me cargan correctamente as nosas páxinas de Facebook e de Twitter. Déixochos aquí:
– Twitter: http://i.r.gal/5-z
– Facebook: http://i.r.gal/5–
Un saúdo.