menú
No renuncies a estar conectado en tu segunda vivienda estas vacaciones

Non renuncies a estar conectado na túa segunda vivenda estas vacacións

21/06/2021
Blog R

Levas todo o ano esperando polas vacacións para escapar á residencia de veraneo. E apetéceche gozala con todas as comodidades para sentirte como na túa casa. Porque relaxarse non significa desconectarse. Por iso en R poñémoscho fácil, para que navegar sexa o último que che estrese, a non ser que sexa no mar 😉.

Goza con R de internet 100 megas na túa segunda vivenda por 19€/mes.

Esquécete de gastar os datos do móbil

Cando estás fóra, adoitas tirar dos xigas do móbil para estar conectado; pero claro, os datos baixan a unha velocidade que non vexas.

Ao final, sáeche máis a conta poñer internet na túa segunda vivenda para non esgotar a túa tarifa e poder gozar con tranquilidade de todo o que che gusta facer na túa residencia habitual:

  • Ver as túas series e pelis favoritas en Netflix.
  • Facer videochamadas coa familia e amigos que quedaron na cidade.
  • Teletraballar con vistas, se aínda non estás de vacacións.
  • Tirarlle partido ao teu asistente virtual ou altofalante intelixente.
  • Facer a compra online.

Vaia, estar como na casa.

Internet segunda vivienda R

Internet segunda vivenda

Para darlle velocidade á túa segunda residencia, só necesitas ter contratado internet con R no teu domicilio principal.

Se tes un combo infinito pagarás 19€/mes. O resto de clientes, 19€ durante 6 meses, e despois 25€.

Aproveita esta oportunidade ata o 30 de xuño e goza do verán sen renunciar a internet.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

14 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Rosa di:

    Me interesa la promoción pero no quiero cambiar de combo. Tiene permanencia?

  2. Avatar M Carmen Freiría di:

    Si quero r para o miña segunda residencia, favor indíquenme como facer, quero aproveitar esta oferta

  3. Avatar alberto di:

    en la segunda vivienda estamos 3 meses, podriasercontratarlo solo 3 meses al año?

  4. Avatar Pepe di:

    Ola, vou comentar o calvario sufrido intentando contratar conexión a internet na miña segunda residencia en Valdoviño (A Coruña):
    O pasado mes de maio escribín a R preguntando se era posible acceder ao combo marmota para a miña segunda vivenda para poder activalo nos meses de verán desactivando o servizo na vivenda habitual, e logo facer o paso contrario ao rematar o verán para non pagar polas dúas conexións ao mesmo tempo. A resposta de R foi por vía telefónica e dixéronme que si, que na miña segunda vivenda hai acceso a fibra simétrica e que podía contratar o combo marmota.
    O 9 de xuño contratei internet 500 mb simétricos con dereito ao combo marmota. Notei algo raro porque algúns comerciais dixéronme que ao ser fibra de movistar non se podía suspender o servizo pero outros dixéronme que si, que non había problema en suspendelo nunha vivenda ou noutra, e por iso acabei contratando. Para asegurarme, antes de asinar o contrato fun a unha tenda R a preguntar se tiña dereito ao combo marmota e confirmáronme que si, e deixeilles a copia do contrato asinado.
    O 17 de xuño foi o técnico de movistar para conectarme a fibra pero non puido facelo porque non hai ningún poste enfronte á miña finca, díxome que tiña que poñelo eu dentro da miña propiedade e despois que volvera a chamar para que me deran outra cita para facer a conexión.
    O 3 de xullo rematei de colocar o poste na esquina da miña finca para poder suxeitar o cable e empecei a chamar ao teléfono de citas de movistar para que volvera o técnico a facer a conexión. Non me descolgaron o teléfono en ningún momento.
    Onte 5 de xullo, cansado de chamar a citas, chamei a R para intentar resolver o problema e atópome coa sorpresa de que me cancelaran o contrato e tiña que contratar de novo partindo de cero. E o máis grave é que me din que xa non existe o combo marmota pero ademais non tiña dereito a el por ser fibra de movistar e que o contrato anterior era erróneo e non deberían termo ofrecido. Esta chamada foi un despropósito estivéronme mareando porque non sabían como amañar o meu problema, pasáronme do departamento comercial ao de fidelización e viceversa e sempre me saían persoas distintas e tiña que contarlles unha e outra vez o meu problema. A derradeira persoa coa que falei díxome que ía consultar o meu caso cos seus superiores e que xa me chamaría cunha solución. Pasaron 24 horas e aínda non me chamou ninguén de R.
    ¿Quen me vai pagar a obra (colocar un poste) que tiven que facer para poder pasar un cable que non existe?
    ¿Vou ter que pagar 12 meses por un servizo que vou usar 3 meses?
    Son cliente de R dende o ano 2004 e teño un combo e tres móbiles. Coido que merecía un trato mellor.
    Un saúdo

  5. Avatar María Luisa di:

    Ola,onte chamei ao 1449,para solicitar os 30 gigas aos que temos dereito,porque me vou de vacacións,e non teño internet alí,nin forma de poñelo.Dixeronme que,aínda que tiña dereito a eles,por un problema na en,non era posible naquel momento.Teño dúas liñas de teléfono,pero quixera poñelo na rematada en 13, gustaríamevque mo solucionasen canto antes

  6. Avatar Dora di:

    Valeme tamen para miña segunda vivenda en Santander??? E q esto d gastar os datos é un rollo