menú
R_Internet_Estudiantes

Internet estudantes en Galicia: oferta de fibra para o curso

05/09/2022
Blog R

Arrinca un novo curso académico e en R queremos que te centres nos teus estudos pero sen que renuncies a aforrar na túa conexión da internet. Así que lanzamos unha oferta da internet para estudantes por 29€/mes durante 12 meses.

Terás unha conexión simétrica de 1 Gb de internet e liña fixa con chamadas a fixos e móbiles para o teu piso de estudantes.

Internet ao mellor prezo durante o curso

Internet estudantes é un produto pensado especialmente para ti como estudante, e por iso ofrecémoscho ao mellor prezo durante noves meses, os que dura un curso académico.

Acabado ese período, podes suspender o servizo de forma gratuíta durante o verán. E se o próximo curso volves ao mesmo piso, chámasnos e o retomas.

De todos os xeitos, tamén tes a opción de manter o servizo durante todo un ano para aforrar durante máis tempo sen renunciar á mellor conexión de fibra.

Porque, por ser estudante, en R dámosche o mellor servizo de internet por menos prezo.

Vantaxes da internet estudantes

1 Gb simétrico da internet. Un ancho de banda que dá para estudar, descargar arquivos rapidamente ou navegar con comodidade pola rede, mesmo se sodes bastantes usuarios/as conectados/as á vez. Ou para relaxarte xogando en liña ou vendo contidos con calidade HD (moito mellor se é a través do noso deco 4K 😉

Coa mellor cobertura: wifi 6. Ou, o que é o mesmo, ata catro veces máis cobertura wifi e maior velocidade porque selecciona de forma intelixente e automática a banda con mellor calidade en cada momento. E se o wifi non chega a todos os recunchos do teu piso, incluímosche un router wifi co que conseguirás unha conexión moito máis estable e unha mellor repartición entre os diferentes dispositivos.

Internet e fixo. Unha liña fixa que inclúe 4.000 minutos a calquera teléfono fixo nacional e 60 minutos a móbiles. Pode ser con número novo ou mantendo o teu número de sempre; en calquera caso leva, de forma gratuíta, a identificación de chamadas.

Instalación gratuíta. Poñémoscho moi fácil: fixamos unha cita contigo e un dos nosos técnicos achégase ao teu piso e instálache gratis todo o que necesitas para comezar a usar xa mesmo internet estudantes.

Fibra pensada para o teu piso de estudantes

Ofrecémosche unha tarifa con internet en oferta durante 12 meses. Agora ben, somos conscientes de que o normal é que esteas no teu piso de estudantes só durante 9 meses. Esa é a permanencia que che fixamos, para que non pagues durante máis tempo se durante o verán volves á túa localidade habitual.

É dicir, trátase dun produto pensado para ti como estudante. Cunha conexión de fibra simétrica a un moi bo prezo, sen obrigarte a estar durante todo o ano co servizo contratado.

Nin o dubides. Internet estudantes é a conexión de fibra que precisas para o teu piso de estudantes este vindeiro curso. Por só 29€/mes contarás con internet de alta velocidade e teléfono fixo.

E sempre coa nosa garantía e esa atención próxima que nos gusta en R. Chámanos sempre que o necesites e resolveremos o teu problema ou dúbida da mellor forma posible.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.