menú

Internet comigo: datos gratis dúas veces ao ano

10/11/2017
Blog R

Ola. Este verán lanzamos unha mellora moi chula e interesante: internet comigo.

Permíteche desfrutar de datos gratis no teu móbil, para compartir entre os teus dispositivos, cando o necesites. Por exemplo, se te vas de vacacións ou fas unha escapada duns días e precisas máis datos do normal e non tes unha wifi á man.

Xigas gratis

Os datos, como dicimos, son de balde por seres cliente de R. Ata o de agora estaba dispoñible para os clientes cun combo e internet, pero agora tamén o pode activar calquera cliente cun mambo con internet contratado.

É dicir, que se trata dunha vantaxe da que se van beneficiar moitísimos clientes.

Condicións

Os bonos son por conta de facturación, non por liña. Aínda que se poden activar na liña da túa conta que ti queiras. E teralos gratis se cumpres con estas condicións:

  • 3GB: se tes contratada unha plana 3GB ou superior xunto cun combo, combo sen ou mambo con internet.
  • 5GB: se tes contratada unha plana 3GB ou superior xunto cun combo ou combo sen con 200 ou 350 megas.

Dúas veces ao ano

Ademais, o bo é que contas con estes bonos dúas veces ao ano. Se non os usaches aínda, podes coller agora na ponte da Constitución o teu bono gratuíto de 3GB e outro en decembro, nas vacacións do Nadal.

A única limitación é que só se pode usar cada bono en períodos de 15 días. Pero unha vez pasada esa quincena, podes solicitar o outro bono dende a web.

Dentro de España

É importante sinalar que estes datos son para usar só en territorio nacional, polo que non se poderán empregar en roaming, nin sequera na Unión Europea.

Ademais, para activar o servizo tes que ter activado o combo ou mambo. Se o tes suspendido, non o podes lanzar.

Lembra activalo cando o necesites. E con calquera dúbida ou suxestión, por aquí estamos 

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

8 comentarios

  1. Usuario di:

    E os que temos mambo e non podemos contratar internet porque non hai cobertura? Dobre problema? Sen internet e sen poder ampliar datos temporalmente no móbil.

  2. Eugenio di:

    Con esta tarifa 200+3GB 4G es compatible?
    Gracias

  3. José Manuel Zapata Fernández di:

    Cuando lo activé, en lugar de sumar a los Gb que me quedaban por consumir, se reseteó el contador.
    ¿Es eso normal?
    Si lo es, eso no está advertido en la información de la promoción.

  4. ROSANA di:

    ¿Se puede activar aunque no se hayan acabado los datos? ¿la activación es automática? Los 5GB de regalo se suman a la tarifa plana de 3 GB?