menú

Internet comigo: 30GB gratis por ter internet e móbilR

06/06/2018
Blog R

Ola. Hoxe queremos contarche unha mellora moi interesante que vas desfrutar por ser cliente de R. Trátase de internet comigo, un bono gratuíto de datos móbiles.

Como sabes, antes había que ter unha tarifa plana 3GB ou superior e un combo/mambo con internet fixo ou un combo SEN. E, segundo o que tiñas contratado, desfrutabas de 6 ou de 10GB ao ano.

Datos e máis datos

Pois ben, dende xa está dispoñible para todos os clientes que teñan móbilR e un combo ou mambo con internet ou ben un combo SEN. É dicir, independentemente da tarifa móbil que teñas, contas con internet comigo.

Pero o mellor de todo é que todos os clientes teredes 30GB para desfrutar gratis cada ano.

Como funciona

A idea é que uses os datos cando máis os necesites: nas vacacións de verán, en Nadal… ti decides. Tes á túa disposición dous bonos de 15GB cada ano. Para activar no momento que decidas.

Só tes que ir á nosa web de clientes ou app e seleccionar “internet comigo”. Indicas a liña na que queres lanzar ese bono de 15 xigas e listo. Preocúpate unicamente de en qué gastar tantos datos durante as seguintes dúas semanas.

Compartir é vivir

Unha das vantaxes de internet comigo é que podes compartir o plan de datos se así o desexas. Lembra activar dende o terminal a opción de “compartir internet”. Ou ben podes coller un dispositivo mifi en R.

No mifi iría a tarxeta SIM de R e, dende aí, xa se compartiría internet a outros dispositivos. É dicir, que collerían internet outros móbiles ou o portátil. É como ter un router na casa: seguro e rápido.

O dito, desfruta xa de internet comigo por ser de R. E conéctate cando o precises.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

5 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. María di:

    Regaladme el Huawei p20, que me encanta, pero dejaros de datos, por favor, que a mi madre le digo que se ponga la app de ITranvías y dice que ya lo ve en la parada del bus, que ni usa los datos y le dáis más, hombre, me salen los datos por las orejaaaassss!!!! O dádmelos para un movistar que tengo de tarjeta!!!!!!Si hasta a mí me sobran ya los míos!!!!!

  2. Juan di:

    Buenos días. Si hoy 18 gasto un bono y el 22 se me renuevan los datos de cada mes… Tendré el día 22 15gb + 3gb (excepto lo que haya gastado de los 15 gb estos días?. Gracias