menú

Flocos de millo, refresco e fútbol

10/05/2018
Blog R

Ola.

Achégase o Mundial de Fútbol e queremos celebralo contigo. Como? Pois convidándote a flocos de millo, a un refresco e a disfrutar da historia do fútbol.

Canal Historia

Grazas a Canal Historia (dial 52) xa o temos todo listo. Só faltas ti, porque a proxección será nun cine de Vigo o martes 22 de maio, ás 20.00h.

Apetéceche? Apúntate e vente con amigos ou familia. Déixanos os teus datos neste formulario e xa te avisamos se es un dos gañadores.

Mundial de Rusia

Se non podes asistir, tranquilo porque poderás seguir no dial 52 Historia del Fútbol dende o 28 de maio ata o comezo do Mundial de Rusia, o 10 de xuño.

Vivirás algúns dos momentos máis especiais dos mundiais de Fútbol, repasando a biografía dos mellores xogadores, enfrentamentos míticos,…

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios