menú

Crea o teu propio contido en vídeo e convértete no gañador do Hackatón PetisGo!

10/03/2022
Blog R

Un vídeo vale máis que mil palabras. De feito. hoxe é o que máis consumimos en internet; e a cousa segue medrando. Así que en R lanzámosche un reto: e se en vez de ver vídeos, es ti quen os crea? Demostra todo o que es quen de facer e convértete no gañador do primeiro Hackatón educativo PetisGo! o sábado 19 de marzo.

Como xa che contamos, PetisGo! é unha nova plataforma interactiva que R desenvolveu, xunto con cinfo, Sixtema, Xoia y Ficción Producciones para producir e consumir contidos audiovisuais e interactivos.

En que consiste este hackatón?

Que non che asuste o nome, é moi sinxelo. Ao final trátase dun encontro virtual onde cada participante terá que crear un vídeo interactivo para resolver un dos retos relacionados coas ciencias, a arte ou a tecnoloxía.

Podes participar só ou en equipo e deberás poñer a proba toda a túa creatividade para ser o mellor deste reto.

Iso decidirao un xurado formado por expertos de empresas TIC galegas.

E se o teu vídeo é o elixido levarás un destes regalazos: un kit de gravación para smartphone co soporte, micros, fundas, luces LED e trípode para o mellor vídeo; un micro de condensador USB para o segundo premiado; e un anel de luz RGB para o terceiro clasificado.

Como podes participar neste reto?

Pois a través da plataforma de contidos audiovisuais PetisGo!

Aí queremos verte o sábado 19 de marzo, dende as 9:30 h. Podes conectarte dende o computador ou no teu móbil ou tableta (descarga antes a aplicación para Android ou iOS).

Para participar só tes que rexistrarte en petisgo.gal e apuntarte ao hackatón enviando un correo co teu nome de usuario a hackaton@petisco.gal

E xa estarás dentro para divertirte, comentar no chat en directo e resolver os retos. Queres saber cales son?

Os retos do hackatón

A través do módulo de creatividade da plataforma PetisGo! lánzanse tres retos en forma de temas.

Os participantes propoñeredes as vosas ideas e transformarédelas en vídeos que subiredes a PetisGo! durante toda a xornada para que o xurado poida puntualos.

Valorarán a creatividade e innovación, o nivel de concreción, o alcance da solución (local, rexional ou global) e o impacto tecnolóxico ou a súa relevancia social.

Así que pensa algo chulo e elixe que queres que ocorra no vídeo. Podes inserir marcadores nos momentos máis importantes ou favoritos do vídeo e introducir, por exemplo, preguntas. Se a resposta que recibes é correcta, o vídeo continúa; se non o é, volve mostrar as respostas e dá unha nova oportunidade… O que se che ocorra.

Estes son os temas:

Reto ciencias da vida: coa pandemia, véñennos á mente ideas e propostas relacionadas con medicina, enfermería ou farmacia, agora máis necesarias que nunca. Ou ideas innovadoras para protexer e coidar o medio ambiente ou aos nosos animais.

Reto arte: que che parece aproveitar as posibilidades gráficas e visuais de PetisGo! para crear vídeos relacionados coa pintura, arquitectura, escultura, literatura, cine, música…? A inspiración pode estar nos clásicos de toda a vida, no monumento que tes á beira de casa ou nese último libro que liches.

Reto tecnoloxía: quizais teñas en mente unha aplicación 3D ou unha app que melloraría a vida da túa familia e amigos. Robótica, software, solucións na nube, aplicacións para smartphones, internet ou redes sociais. Todo o que se che ocorra relacionado coa tecnoloxía será benvido.

Estamos a desexar ver todo o que es quen de facer en vídeo.

Úneche ao hackatón PetisGo!

E cóntanos, xa tes esa súper idea que te converterá no campión deste reto?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.