menú

Foro de R

24/04/2023
Blog R

Hoxe queremos falarche do foro de R, unha ferramenta que abrimos hai moitos anos coa idea de que fose un punto de encontro entre os clientes e interesados en R. Naceu coa idea de conversar e proporcionar información transparente e útil para aqueles usuarios que tivesen algunha dúbida ou consulta técnica.

De feito, o foro estaba atendido por xente do servizo técnico. Non era unha canle comercial, senón unha canle de atención ao cliente para realizar todo tipo de consultas sobre o servizo da internet, da tele, do fixo ou do móbil, ou onde solicitar tamén axuda ou abrir unha petición por este tema.

Ao longo deste tempo foron moitos os usuarios os que o usastes. E tamén os que axudastes a outros clientes, realizando recomendacións ou ben explicando como facer algo.

Despedida do foro de R

Despois de todo este tempo, toca decirlle adeus ao foro de R. Decímolo con pena e tamén con cariño, porque foi unha ferramenta que nos deu moitas alegrías. 

Non obstante, cada vez ten menos uso e incluso temos seccións, como 3ollosR, que se quedaron desfasadas. Co que damos un paso atrás para dar dous pasos adiante. 

Alternativa a foro de R

Que nos despidamos do foro de R non significa que non te sigamos atendiendo ou respondendo as túas consultas. Tes diferentes formas de contacto con R, ben a través do teléfono ou ben por escrito. 

Como no blog nos gusta máis a comunicación por escrito, deixámosche as nosas de comunicación e de atención, para que nos escribas cando queiras: 

Twitter de R: https://twitter.com/os_de_R 

Facebook de R: https://www.facebook.com/osdeR.oficial 

Instagram de R: https://twitter.com/os_de R 

Horario de atención ao cliente de R

Nas redes sociais de R estamos todos os días do ano, de 9 da mañá a 10 da noite.

No caso de que teñas algunha consulta técnica a partir desa hora, lembra que por teléfono estamos durante as 24 horas do día, os 365 días do ano. Co que sempre hai alguén para atenderte.

Etiquetas:
subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Jesus MARTINS HILARIO di:

    Para lo que hacen…, como si no existieran