menú

R firma un acordo coa SD Ponferradina

22/05/2019
Blog R

R e a SD Ponferradina firmaron un acordo de colaboración a través do cal a marca R é visible dende o pasado mes de marzo no Estadio de El Toralín.

Coincidido coa chegada do operadora á provincia de León, e ata finais da presente tempada 2018-2019.

Así o rubricaron de forma oficial esta mañá o conselleiro delegado da SD Ponferradina, Eduardo Domínguez, e o responsable de Marketing, Comunicación e Marca de R, Alejandro González Aguirre.

Como mostra da vocación de R por establecer con este acordo vínculos de cercanía e ilusións compartidas.

“Coincidindo coa súa chegada ao Bierzo,  R é visible en todos os partidos que o equipo disputa no Estadio de El Toralín, incluída a fase de ascenso, PlayOff a Segunda División”.

Acto de firma

No acto da firma, Alejandro González Aguirre sinalou o compromiso de R coa provincia de León e coa rexión do Bierzo: “Consideramos fundamental colaborar con clubes locais tan relevantes como a SD Ponferradina e a que dende R queremos apoiar e desexar o mellor de todos os éxitos no play-off de ascenso a Segunda división. Chegou un novo operador de telecomunicacións ao Bierzo e cremos que vai marcar un punto e aparte na rexión. Vamos xerar emprego na provincia de León e cremos nesta terra. Buscamos facer as cousas dunha forma diferente, poñendo o noso foco no que queren os clientes, ofrecéndolles o mellor da fibra, da televisión e do móbil”.

Pola súa parte, Eduardo Domínguez, sinalou que “o apoio de R supón outra gran noticia para o clube nun momento tan ilusionante coma este, no que a Deportiva se prepara para afrontar a fase de ascenso. Para nos é unha satisfacción sumar forzas cunha empresa do calado e da implantación de R. Igualmente, como bercianos, celebramos a súa chegada ao Bierzo para ampliar os servizos dispoñibles na nosa terra. Confiamos en que este sexa o primeiro paso dunha frutífera relación acompañada de éxitos para ambas as dúas partes”. 

Expansión da marca R a León

Para a súa expansión no mercado leonés, o operador R está a levar a cabo un investimento inicial de catro millóns de euros na provincia, onde empregará arredor de 80 profesionais de forma directa e indirecta. Ofrece un servizo diferencial de calidade a 158.000 fogares leoneses con Internet por fibra de 500 megas, cunha oferta converxente baseada na mellor experiencia wifi de última xeración, auditoría wifi en todos os fogares, uso da tecnoloxía 4K Andorid TV e a integración de Netflix e Amazon Prime Video nos seus decodificadores, e tarifas de móbil con 20 xigas, o que posicionou a R como o operador de telecomunicacións de referencia na oferta de solucións familiares.

Nas próximas semanas R ten previsto abrir unha nova tenda en Ponferrada, ademais de dúas novas tendas en León ao longo de 2019, onde xa ten en funcionamento unha tenda no centro da capital, na Avenida Ordoño II 17, (Pasaje Cine Mary) e un stand no centro comercial Espacio León. Ademais, ofrece os seus servizos noutras localidades da provincia de León como Astorga ou A Bañeza.

“O operador de telecomunicacións R, que leva máis de 20 anos traballando en Galicia e forma parte do Grupo Euskaltel, encontrase en fase de implantación e expansión na rexión”.

Para informar dos seus servizos de telecomunicacións en León, R creou a páxina web https://www.rfibra.com/

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.