menú
R te invita a descubrir los mejores cortometrajes gallegos del FICBUEU

R convídate a descubrir as mellores curtametraxes galegas do FICBUEU

08/09/2021
Blog R

O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, FICBUEU 2021, convídate do 10 ao 19 de setembro a unha travesía sen límites para descubrir o mellor cine internacional en formato curto.

As entradas xa están dispoñibles na súa web, pero en R regalámosche 5 entradas dobres para que vexas as 6 curtas seleccionadas na Sección Galicia R.

O mellor cine mundial en formato curta

O FICBUEU proxectará este ano un total de 128 títulos de máis de 30 países. Prepárate para máis de 30 sesións de cine no Centro Social do Mar, onde se garantirán as necesarias medidas de seguridade ante a Covid-19.

Ademais das seccións a concurso (Internacional, Experimental, Galicia R, España e Escolas), o festival mostra máis cinema na Sección Panorama, Retrospectiva, Minific e, como novidade, unha Carta Branca con Marc Bertrand.

E iso non é todo: concertos, talleres, charlas, o programa radiofónico ‘Carne Cruda’ ou o ‘Encontro con Alfonso Agra’, que recibirá o Premio Cinema Galego do FICBUEU 2021.

Premio R á mellor curtametraxe galega

Dende R patrocinamos, un ano máis, a Sección Galicia R, porque apostamos polos creadores/ as galegos/as, pola cultura e polo desenvolvemento da produción audiovisual do territorio.

Estas son as curtas seleccionados este ano, que se proxectarán no Centro Social do Mar o sábado 18, ás 17 h e 19 h.:

  • Augas abisais’ (Xacio Baño): Unha luz acéndese. Son evasivos e difíciles de ver. Habitan onde ninguén é. Alí. No fondo.

  • Monte Bravo’ (Noelia María Muíño González): Paula é unha nena que vive nunha aldea galega despois da Guerra Civil. Un día, mentres xoga co seu irmán Pablo, ve un lobishome no bosque. Pero, é real ou só está na imaxinación da nena?

  • Os Corpos’ (Eloy Domínguez Serén): Na provincia de Ourense festéxase cada ano una das formas máis antigas de entroido. Os singulares festexos, iluminados con fachos e acompañados do estrondo dos tambores, fílmanse de modo envolvente neste documental.

  • 1,34943X10E4’ (Juan Lesta): 1,34943x10e4 é o número de fotografías tomadas para realizar esta película. Todas foron feitas durante o confinamento da Covid-19 entre maio e xuño de 2020. Son o froito dunha mirada detida e repetida cara a unha paisaxe cotiá, que nos descobre unha realidade na que antes non reparáramos.

  • Mentres iso pasa’ (Nacho Ozores): Nico é un mozo con obsesións e compulsións que lle impiden facer unha vida normal. Hoxe volve chegar tarde a un adestramento. Nico necesita que ese inferno da súa cabeza pase. Por sorte hai alguén que lle pode axudar.

  • Homeless Home’ (Alberto Vázquez): Ninguén pode escapar das súas raíces, aínda que estas estean completamente podres. Alberto Vázquez dábanos máis detalles desta curta na entrevista para xente R.

Participa no noso concurso

Queres ver todas estas curtas da Sección Galicia R? Pois non perdas de vista as nosas redes sociais porque moi pronto poderás conseguir unha das 5 entradas dobres que temos para ti.

Vés ao cine? R é cultura.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.