menú
R te invita al FICBUEU

R convídate ao FICBUEU

31/08/2020
Blog R

Que ganas tiñamos de volver ás salas de cine! Queremos que nos acompañes a unha das citas imprescindibles do calendario audiovisual galego, o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU). Temos cinco entradas dobres para que desfrutes das curtas seleccionadas na Sección Galicia R. Ves ao cinema?

Xanela ao cine local e internacional

O FICBUEU celebra, do 11 ao 19 de setembro, unha das súas edicións máis necesarias. Xa nos tardaba atoparnos outra vez para rir e chorar con historias únicas e, como non, comentalas ao saír.

O festival mantén o seu formato presencial habitual, pero con máis pases diarios para que ninguén quede fóra. Durante nove días proxectaranse ao redor de 80 curtas, locais e internacionais, e realizaranse actividades paralelas como mesas redondas, talleres e un encontro coa actriz Melania Cruz, Premio Cinema Galego 2020.

O público poderá rir co humor de Manuel Manquiña na xornada de apertura e cunha sesión de cine e música moi especial para toda a familia. Asistiremos á musicalización en directo de ‘El moderno Sherlock Holmes‘ (1924) de Buster Keaton da man de Olga Brañas. Non o perdas!

Compromiso de R co audiovisual galego

En R seguimos apostando polo audiovisual galego; e regresamos, un ano máis, ao FICBUEU, co premio R á mellor curtametraxe galega.

Estas son as curtas seleccionados este ano na Sección Galicia R:

  • Beyond the Glacier’ (David Rodríguez): unha reflexión sobre as relacións humanas co medio natural.
  • Carne’ (Camila Kater): documental animado sobre cinco mulleres e a súa relación co corpo.
  • Onde dormen as gaivotas’ (Daniel Cornes): as illas Cíes en estado puro e unha chamada de atención ao quecemento global.
  • Todo el mundo se parece de lejos’ (Rafa de los Arcos): historia de amor non correspondido e como recuperar a vida perdida.
  • Xoves de comadres’ (Noemi Chantada): un relato sobre a soidade dunha anciá que se ve interrompida pola chegada dunha coidadora.

Participa no noso concurso

Queres ver estas 5 pequenas historias? R convídate a desfrutar das curtas participantes na Sección Galicia R. Temos cinco entradas dobres para que nos acompañes no FICBUEU o 12 de setembro ás 22:15 h.

Participa no concurso ata o 6 de setembro. Só tes que seguirnos en Facebook ou Instagram e mencionar á persoa coa que asistirías.

Consulta aquí as bases do concurso.

GAÑADORES

  • Noé Rodríguez Barrio
  • Patricia Rodríguez Dasilva
  • Laura Gallego Piñeiro
  • Begoña Garrote Rodríguez
  • José Rosales Tenorio

Vémonos no cine!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

3 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Jose di:

    Cando pos as novidades das tarifas ¿inda non están publicadas?