menú

Convidámoste ao FICBUEU

27/08/2019
Blog R

En R seguimos apostando polo audiovisual galego; e volvemos, un ano máis, ao FICBUEU, co premio R á mellor curtametraxe galega.

Achegar as curtametraxes ao gran público

O FICBUEU é o Festival Internacional de Curtametraxes que se celebra en Bueu. Este ano terá lugar do venres 6 ao sábado 14 de setembro.

Oito días para desfrutar dos mellores curtos do panorama internacional nunha cita que ano a ano se consolida e reúne a grandes figuras do cine, incluíndo directores, actores, realizadores, produtores… O FICBUEU é o escaparate para o gran público da cultura cinematográfica en formato curto.

En 2019, o Festival celebra a súa duodécima edición cunha intensa e coidada programación que inclúe un centenar de proxeccións, ademais de múltiples actividades paralelas.

Concurso en R

R convídate a desfrutar o sábado 7 deste festival, na proxección da Sección Galicia R. Temos cinco entradas dobres para que descubras as curtametraxes feitas por galegos.

Se queres participar, debes responder á pregunta “sobre que tema che gustaría facer un curto?” nas nosas redes sociais:

Consulta aquí as bases legais do concurso.

Por certo, a animación é unha das grandes protagonistas na Sección Galicia deste ano.

Así que xa sabes, convértete en “guionista” por un intre e non o perdas.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

14 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Alfonso suarez cordo di:

    Sobre a historia do ferrocarril en Galicia, a importacia que tivo na nosa comunidade

  2. Avatar Inma di:

    Podría ser interesante un corto sobre lo rápido que pasa la vida.

  3. Avatar maria a. calviño loira di:

    sobre el arraigo , y el desarraigo, sobre el vinculo con el territorio

  4. Avatar Isabel Pazos Silva di:

    Sobre ciencia ficción, múltiples realidades.

  5. Avatar Belén di:

    Sobre a manipulación da alimentación. Cómo comíamos fai 30 anos e como comemos agora

  6. Avatar Avelina Santiso gil di:

    A mí me gustaría sobre un novio que tuvo una chica que me llevaba a mi hija al cole, un tipo tan mentiroso e invasivo que más que para un corto, daría para una peli.

  7. Avatar Loli Docampo di:

    Comedia rural onde o protagonista reencárnase nun galo

  8. Avatar José Luis González di:

    Estaría ben facer un corto da “sala de fisioterapia” se as paredes falasen!!!!!

  9. Avatar Miguel Ángel Graña Bahamonde di:

    Gustaríame facer un curto sobre como afecta a tecnoloxía a cada persoa.

  10. Avatar BELEN di:

    Un corto con debuxos parodiando a todos os políticos da nosa comunidade.

  11. Avatar Alejandro Albeniz di:

    Unha serie sobr
    e os homes e mulleres da Illa de Ons, e a sua loita polos seus dereitos

  12. Avatar TOMÁS RUIBAL di:

    Gustaríame facer unha curta sobre un grupo de homes e mulleres que escapan dun hipotético manicomio e comezan o camiño de Santiago